º LIGAZÓNS

  1. www.cdourense.net

  2. www.cdoactualidad.blogspot.com

  3. COB ONLINE

  4. OURENSE Zone

ESTA PÁXINA TIVO ESTE NÚMERO DE VISITAS:
Estadisticas y contadores web gratis
Manuales Oposiciones

                                                                                        

RECOMENDADO VISUALIZAR A PÁXINA CON INTERNET EXPLORER

abc.es - Última hora

 
Principal
TERCEIRA DIVISIÓN-GRUPO 1
COB
DATOS CD OURENSE
Fútbol ourensán
OPINIÓN

FORO

TRIBUNA LIBRE DE   OPINIÓN EN GALEGO E CASTELÁN

cdourense@hotmail.es

 

abastodenoticias.com, Noticias gratis de Orense (Ourense) para tu web

VINDEIRA XORNADA: Alondras-Ourense/ Dimgo ás 16:30 horas/ Árbitro RODRÍGUEZ CAMPOS ( galego) 

CDOURENSE.TK TAMBIÉN EN CASTELLANO AUTOMÁTICO  (pulse  aquí)

 O BAMBÁN OURENSÁN
▲ CD OURENSE/COB

Segundo na táboa. Impoñente na casa e regular fóra. A tempada pinta ben. Cúmprense 40 anos da xesta de 30 partidos seguidos gañados.O COB está en postos de playoff de ascenso na LEB Prata.

▼OURENSE B

En postos de descenso en Preferente Autonómica, que ocupan equipos da provincia de Ourense.

TOCA DEFENDER TÍTULO

COPA RFEF

LUGO-OURENSE/ Mércores 7 ás 20:30 horas no Anxo Carro

07-01-09//

O CD Ourense pasea a súa condición de actual campión da Copa Federación por Lugo. Alí espéralle un conxunto blanquivermello cuxa aliñación moi pouco terá que ver coa habitual na Liga.

Fonsi Valverde deixou fóra curiosamente  gran parte dos xogadores que recalaron en Lugo procedentes do Ourense, caso de Rubén Durán, Pablo Ruiz ou Manu, aos que se unen o Chino Losada, o central Aira ou o gardameta titular, Javi Muñoz.

Así as cousas, os lugueses comezarán o partido cun equipo formado por Viuski; Alex Bao, Germán, Álvarez, Moncho; Dapo, Xaime Noguerol, Dani Cancelas, Poratti; con Sergio e Rubén Pardo na dianteira. O partido será dirixido polo árbitro lucense Óscar Carballo. Só xogará por parte de ex ourensanistas o ex ZIdane de As Burgas, Xaime Noguerol.

Espérase unha temperatura fresca á hora do partido, poida que ata baixo cero. Todo nunha eliminatoria á que chega o Lugo logo de deixar no camiño ao Cidade de Santiago (0-1 en San Lázaro e 3-0 no Anxo Carro), en tanto os ourensáns apearon ao Coruxo con bastantes máis apuros.

A última e contundente vitoria en Lugo dos de Fonsi Valverde (0-5 no campo do Mariño), un resultado tan abultado que non conseguían desde hai máis de 20 anos, foi ben recibida, pero non fará que sexan moitos máis os atrevidos que se atrevan a achegarse ao estadio.
 

BREVES

-  O encontro entre o Alondras e o Ourense da vindeira xornada será o domingo 11 ás 16:30 horas en terras viguesas. O árbitro será Rodríguez Campos, do colexio galego.

 

IGUALDADE CON POLÉMICA

OURENSE 1-1 MONTAÑEIROS

O Montañeiros anotou cun rigoroso penalti e o árbitro anuloulle un gol ao Ourense nun disputado encontro entre dous galiños da Terceira.

05-01-09//

FOTOS: Faro de vigo e La Región

Sen dúbida que era o choque con máis interese desta xornada en Terceira División e iso demostrouse co potencial duns e outros sobre o terreo de xogo.

O Montañeiros foi o mellor equipo que pasou por O Couto nesta tempada e, de non ser polos seus fallos á hora de definir os contragolpes, puido levar perfectamente os tres puntos. O que levou foi merecido en parte.

Os de Romero volveron máis enteiros que o seu rival do parón vacacional. Dominaron o partido ante un Montañeiros que esperou a súa quenda de réplica ao contragolpe, agazapado á espera dalgunha concesión local. O xogo do Ourense semellaba en parte o xogo despregado polo  Barcelona no seu ataque e derrubamento ante o Mallorca o día anterior. Meteu durante algúns minutos o seu rival na súa área. Os primeiros minutos foron de tanteo e ningún dos equipo se quería precipitar  á hora de buscar portería.

 Nun roubo sobre Seoane abriuse a  paréntese no monólogo local. O contragolpe acabou en córner e na segunda xogada  un choque entre Arenas e Añón fixo que os visitantes reclamasen penalti.

O aviso foi premonitorio e deu o telonazo ao dominio estéril do Ourense. Apenas sete minutos despois do primeiro sobresalto, Pérez Pallas cobrouse unha pena máxima por un presunto agarrón de Portela a Rubén Rivera, sen balón de por medio. O árbitro considerouno suficientemente forte para sinala penalti. Olaiz marcou entre as protestas dos seareiros locatarios.



O Montañeiros aínda reclamou  outro penalti por man de Adrián Padrón nunha indecisión co porteiro Berto. Tralo gol visitante houbo máis tensión que fútbol e os coruñeses crecéronse ante un Ourense con demasiada rabia que perdeu o sitio e o compás, aínda que amosaba detalles que mostran a calidade de homes como Moisés Pereiro. O equipo de José Ramón manexouse con sangue frío no desgoberno e dispuxo dun perigoso contragolpe lanzado por Pablo Fernández que resolveu Madrigal con moito desatino.
 El lateral derecho del Ourense Josu protege el balón ante la presión de un rival. (Foto:   Xesús Fariñas)FOTO:  La Región


O desenlace da primeira parte deixou malos augurios, pero o Ourense só necesitou catro minutos da reanudación para facer o empate. Nunha gran xogada colectiva, Martín gañoulle a pelota a Rochela e o seu servizo á  área rematouno primeiro Sanginés e, en segunda instancia, Breogán Pereiro enviouno á rede. O Ourense volveu en si e o Montañeiros esqueceuse ata de protestar. Houbo un amago de remontada abortado polo asistente ao sinalar un fóra de xogo de Breogán moi dubidoso no rexeite do porteiro a un disparo exterior de Sanginés.

O Montañeiros non renunciou a crear problemas a unha defensa que en ocasións foi pouco expeditiva. Malia iso hai que dicir que o ataque do equiipo coruñés foi bastante inferior na  segunda parte que na primeira. O Ourense pechou o conxunto visitante durante moitos minutos  e só a gran actuación de Manuel, porteiro do Montañeiros, salvou os mobles. Nembargantes, o Montañeiros non renunciou ao  ataque, como diciamos, e houbo ocasións. Berto atallou o pase envelenado de Pablo Fernández nunha das penetracións dos coruñeses. Rivera tamén se topou con Berto na enésima fenda aberta que atoparon os visitantes cando o partido se debatía sen tránsito pola medular. Viaxaba de área a área e Romero recorreu a Roberto Dacosta para dar pausa ao fútbol. O Ourense recuperou a combinación e volveu chegar á  área de Manuel. O porteiro foi o que fixo máis polo Montañeiros para salvar o empate ao desviar un cabezazo de Martín na acción máis elaborada dos vermellos, cando a bancada xa cantaba o gol. Arenas tamén tivo outro balón para romper o empate pero  o  cancerbeiro visitante freouno de novo e encargouse de recordar que co empate estaba todo dito.

Ficha técnica:

OURENSE

Berto, Iosu, Seoane (Rafa, min. 76), Portela, Adrián, Antonio, Sanginés (Dacosta, min. 66), Moisés, Martín, Breogán (Oli, min. 83), José Arenas.

MONTAÑEIROS

 Manel, Dani, Raúl, Miguel, Rochela, Madrigal (Héctor, min 68), Olaiz (Pesco, min. 73, Rodri, Rivera, Pablo Fernández (Luis Ángel, min. 62), Añón.

ÁRBITRO: Perez Pallas (Vigo). Amarelas a Portela, Dacosta, Moisés e Breogán polos locais e Dani e Miguel polos visitantes.

GOLES: 0-1, min. 29: Olaiz de penalti; 1-1, min. 49: Breogán.

ESTADIO: O Couto. Unss 1.250 espectadores.

 Os detalles:

- O Montañeiros esixiu o mellor de si ao Ourense para salvar a etiqueta de invicto que aínda se mantén  sobre O Couto coa primeira volta case despachada. Só se deixou tres empates na casa o cadro das Burgas. E 5 goles en contra.

- Tarde bastante fría en Ourense. E campo en condicións irregulares.

- O sétimo clasificado, o Alondras, será o vindeiro rival ourensanista.

-  O de Oláiz foi o terceiro dos goles que encaixou Berto nos últimos nove partidos, todos desde os once metros do punto de penalti.

- Roberto Dacosta foi moi asubiado na bancada de Tribuna por diversos erros que cometeu no encontro.

- Arenas leva 4 partidos sen ver porta.

-  Seoane, Iosu, Breogán, Moisés, Portela e Raúl Rois visitan esta mañá (11,30 horas) o materno-infantil en representación de C.D. Ourense para repartir agasallos (balóns, mochilas, plumiers...) entre os máis pequenos na véspera de Reis.

Os protagonistas:

 

ROMERO: " O Ourense foi mellor. A primeira parte foi máis igualada, na segunda o noso equipo foi mellor que o Montañeiros porque tivemos ocasións máis claras. O penalti que nos pitan, puff... vaia por Deus; o gol que nos anulan, e por outra banda Berto, que non tivo que facer ningunha parada en practicamente todo o partido. Creo que o Ourense mereceu gañar e fixo un dos partidos máis completos que lle vin e ante un gran rival. A raiz do penalti eles intentaron arrefriar o partido e efectivamente non puidemos ter continuidade pola sucesión de faltas. Na segunda parte marcamos un ritmo moi alto, o partido foi outro e aí, co balón no chan, cobramos vantaxe".

SANGINÉS: " Creo que puidemos gañar. Tivemos ocasións para iso. De todos os xeitos é verdade que á contra nos facían bastante dano".

MOISÉS PEREIRO: "Foi un partido complicado, que se nos puxo costa arriba co penalti, pero ao final quedamos cun punto que sabe a pouco".

PORTELA: " Despois do penalti demostramos que eramos mellores e tivemos ocasións. Sumouse fronte ao mellor rival visto ata agora".

BREOGÁN PEREIRO: "Penso que merecemos os tres puntos, pero non tivemos tanta sorte como outros días. ¿O gol? Eu vino dentro e vino gol".

MARTÍN: " É un dos mellores rivais cos que nos enfrontamos ata agora e aínda así merecemos a vitoria".

 

REMATA O  ANO DA GRAN DESGRACIA CUN TÍTULO NO PETO

 EDITORIAL

O Ourense deixa atrás un 2008 no que conseguiu o seu primeiro título a nivel nacional, a Copa Federación, pero no que grazas a Manolo Tomé acabou en Terceira División.

02-01-09//

O ano 2008 remata cun Ourense en segundo posto na súa categoría debido a que no último trimestre anual o equipo si rendeu ao nivel esperado. Malia iso, o ano podemos tildalo de catastrófico. Neste ano chegou o que durante uns anos se estivo a cocer, o descenso directo a Terceira División. Esperemos que  o que agora parece un cambio de ciclo, se confirme. É por iso que a boa situación actual non debe agochar o que hai detrás. Detrás hai unhas tempadas lamentables no deportivo e no económico. O ano pasado Manolo Tomé fixo o máis terrible dos ridículos á fronte deste equipo. Malia ter descendido coa maior puntuación da historia da Segunda División B, ninguén entende o por que de ter mantido a Manolo Tomé cando o equipo daba pena, cando o adestrador se enfrontaba coa bancada e os seus métodos non funcionaban. Ben é certo que o ano pasado supuxo a transición Quino Muñoz- Juan Pérez, quen. por certo, si soubo enganchar coa afección coas súas boas formas e política clara. A economía segue a ser mala, pero este ano non houbo tantos problemas para cobrar,  sobre todo na época da Terceira División. A Asemblea transcorreu por parámetros normais.

Pero o máis importante deste ano foi sen dúbida a confirmación do proxecto Auria Verde, do BNG; que continúa con diversos trocos o plano urdido polo PP, " Ourense cara o novo milenio" e que trasladará o actual Estadio do Couto ao Cumial, aló polo horizonte de 2015. Houbo protestas dalgún sector pero o presidente amosou a ledicia do ourensanismo con esta decisión.

Nembargantes, non hai que esquecer o malo da película anual. O descenso foi terrorífico. Foi cruel. Na derradeira xornada, ata o minuto 85 salvados, e zas! Puñalada brutal. Iso si, con Francisco Romero, outra das caras positivas deste ano no ourensanismo, obtivemos 7 dos ultimos 9 puntos. Outra das tarnsicións foi esa Tomé-romero. Sen dúbida está claro que foi para mellor.

Pero deixamos para o final o bonito da historia. Algúns dirán que é un título menor. Certo. Pero a Copa Federación haina que gañar. e Gañouse con caste e dándolle toda unha ledicia aos seareiros. Foi con Tomé aínda no cargo, un Tomé que ben é certo que tivo que prescindir de certos partidos de Liga para preparar este trofeo e haillo que " agradecer" en parte. o equipo loitou, levantou partidos e gañou na final a ida e volta ao Reus. Primeiro título nacional a nivel español que conseguiron os ourensanista. Por iso, grazas. Polo demais, desgrazas.

Por último, que concluíu o ano con máis visitas a esta páxina web do Ourense, algo que temos que dicir e felicitarnos a nós e a vós por nos acompañar para informarvos do noso clube.

ARENAS AVISA DO PERIGO DO MONTAÑEIROS

02-01-09//

LA REGIÓN

José Angel Arenas protege la pelota ante el acoso de un defensor del PortonovoFOTO: La Región

José Arenas, dianteiro e máximo goleador do CD Ourense, con permiso do gardamallas Berto, o lanzador dos penaltis, compartiu vestuario con algúns dos xogadores do Montañeiros que visitarán o campo de O Couto este domingo. Para o de Ponteareas hai dous nomes que se deben ter en conta neste equipo que ocupa a terceira praza da táboa clasificatoria, Rubén Rivera e César Olaiz. "Co primeiro coincidín no Fabril, do mesmo xeito que con Madrigal, e con Olaiz no Celta B",  sinala Arenas.

Cando se lle pregunta por Rivera, un dos rivais que tamén ten na súa mente o técnico vermello, Francisco Romero, apunta que "é un xogador de rachas, pode estar sen marcar varios partidos e despois facer dous ou tres nun encontro". E engade: "É un dianteiro impredicible, que pode fallar o impensable pero tamén meter un balón de cuchara que ninguén esperaba. Outra das súas características é que non dá un balón por perdido, niso parécese moito a Diego, aquel ariete que pertenceu ao Ourense", apunta.

Un carro de louvanzas pero se sobre algún xogador prevén Arenas é sobre Olaiz. "Para min, do centro cara a adiante é o máis desequilibrante, pode xogar por ambas bandas ou ata como dianteiro centro, dependendo das circunstancias. Tira moi ben as faltas e é moi perigoso no un contra un. En fin, estamos falando dun dianteiro rápido e resolutivo".

Son dous nomes, pero hai máis para un equipo visitante que se ten atascado un pouco no último mes, de maneira que ten  saldado os tres últimos partidos con dúas derrotas e un empate. En todo caso, Arenas sinala que "todo dependerá de como suscite o partido José Ramón. Se sitúa tres pivotes no centro, buscando aguantar o resultado, iso conviranos, viranos ben".


O dianteiro pontevedrés do Ourense afirma de cara ao primeiro partido oficial do ano 2009 que "case non puidemos gozar o bo resultado conseguido ante o Coruxo e agora hai que referendar esa alegría con outra no noso campo. Estamos mentalizados para seguir gañando", remata.


Un dos nomes propios deste Montañeiros é Madrigal, 'un xogador que adoita alternar o banquiño coa titularidade. Despois do ascenso co Fabril marchou a Murcia e estivo alí unha tempada para volver agora por motivos de estudos. É un medio centro de corte defensivo', explica o dianteiro do CD. Ourense José Angel Arenas. As características deste xogador sitúano xa que logo na liña do local Alex, e José Ramón podería optar por sacarlle de inicio para frear o creativo centro do campo dos de Romero nos partidos en O Couto.

 

 

 

ACORDO CO LUGO PARA AS DATAS DA COPA RFEF

31-12-08//

Carlos Mouriz, director deportivo do Clube Deportivo Lugo, chegou a un acordo tras unha xuntanza breves con membros da directiva de Cd Ourense para disputaren o encontro da ida da Copa Federación. Será o mércores 7 de xaneiro ás 20:30 horas no Anxo Carro. O partido de volta será no Couto e disputarase entre mércores 14 ou xoves 15. O Ourense avanzou de fase tras ter derrotado ao Coruxo no partido de volta " in extremis ".

BREVES

- Ourense e Montañeiros xogarán no Couto este domingo 4 de xaneiro un novo encontro de Liga. O equipo coruñés chega a Ourense tras catro xornadas consecutivas sen gañar, sumando só 2 puntos sobre 12. O partido serás as 16:30 horas.

40 ANOS DESPOIS

Clube Deportivo Ourense  milita na Terceira División, hai que dicir que nos postos de cabeza, pero hai 40 anos logrou algo que aínda ningún equipo deses con presuposto astronómico ou xogadores doutra galaxia foi capaz de emular. Na temporada 67/68 o Ourense gañou todos os partidos da liga regular.

30-12-08//

Por aquel entón, os da Vella Auria pertencían ao primeiro grupo da Terceira División que non tiña o mesmo nivel de complexidade que a categoría actual que leva o mesmo nome, xa que aínda non se implantara a Segunda B. O Ourense era un equipo recoñecido, que baixara na 64/65 á Terceira, pero que durante anos estivo a piques de militar en Primeira.

Non obstante, a tempada non tivo un final ledo, xa que tras lograr a xesta, o Ourense, que apeara ao Condal de Barcelona, caeu na segunda eliminatoria ante o Deportivo Ilicitano (0-0 en O Couto e derrota por 2-1 en Elxe), que tan só levaba uns anos na categoría. Así, o Ourense tivo que permanecer outro ano máis en Terceira até vencer, ao ano seguinte, ao Bilbao Athletic na promoción, conseguindo así o desexado ascenso a Segunda.

Once inicial mítico do Ourense 67-68A NOSA TERRA

Todo comezou a finais de 1967. O camiño á xesta comezou un 10 de setembro de 1967 ao gañarlle ao Lemos por 0-2 e o marcador continuou amosando triunfos para os ourensáns até que rematou a tempada. Pero o conxunto adestrado por Fernando Bouso, quen fora compañeiro do plantel na campaña anterior como futbolista, non só era forte arriba senón que tamén era sólido na defensa. E é que os de Bouso non recibiron un gol até a oitava xornada, na que venceron ante o Calvo Sotelo de As Pontes por 1-4. Non sería moi grande esta conta, xa que o Ourense rematou a tempada tendo marcado 98 tantos e encaixados soamente sete. Gran culpa disto tívoa Roca, un gardameta que non estaba previsto que fose o titular, pero rematou facéndose co posto do vasco Esnaola. Pola súa banda, Carballeda foi o máximo anotador con 32 tantos.

A medida que pasaban as xornadas non se sabía cal podería ser a fazaña máis importante, se saír vitorioso dos 30 partidos que tiña a competición ou converterse no primeiro equipo que rompía a racha ourensanista. Así, os conxuntos aos que se medían os xogadores do clube presidido por aquel entón por Florencio Álvarez, xogaban cada vez máis motivados, pero isto non derrubou o Ourense, que parecía medrar na adversidade.

Comezou a segunda volta e de novo tiveron que enfrontarse ao Lemos, que non lles permitiu un momento de folgar e ao que só lle puideron sacar un 1-0. Nese partido os ourensanistas comprenderon que había moito que facer aínda. Pero cando case o tiñan todo feito chegou outra dura proba, que a piques estivo de botar ao traste toda a tarefa feita. Ese equipo de longo e nobre historial, que ten por lema a vitoria respectando ao seu rival, perdeulle o respecto ao Ourense. E así, na xornada 27, a tres tan só para concluír a gran tempada, o Rápido de Bouzas plantoulles cara en Vigo e ao Ourense custoulle sangue, suor e bágoas sacar un 0-1 a domicilio.

Aperturas finais. E estamos xa na contra atrás. Antepenúltima xornada, a 28. Campo de O Couto. Presentouse o Lugo con moitas ganas. Tantas que no minuto 90 tiña o récord batido grazas a un empate 1-1. Pero un córner a favor do Ourense rematou co balón dentro da portería rival e cun triunfo moi protestado polos lucenses, que volveron co peto baleiro á cidade da muralla.

O seguinte partido foi máis calmo para os corazóns rojillos, xa que no derbi capitalino ante o Atlético Ourense golearon aos seus veciños 5-0. Os coitadiños precisaban dun encontro que lles servise para esquecerse da presión que lles viría coa fin da tempada, no derradeiro choque. Este tivo lugar fóra do seu fortín. Ante o mítico Compos, que, cunha soa derrota, a que só lle puido meter o Ourense, era o segundo clasificado daquela campaña. A tarde no campo de Santa Isábel non defraudou, e o intratábel líder impúxose por 0-1 completando a gran xesta da historia.

Nesta tempada xa non será posíbel igualar a fazaña, pero oxalá non teñamos que agardar outros corenta anos para vela de novo. Para facer boca, o Ourense é o vixente campión da Copa Federación.

 

SEMANA DE PREPARACIÓN DE CARA AO PARTIDO ANTE O MONTAÑEIROS

30-12-09//

REFRITO DE LA REGIÓN

Duro test para o Ourense e despois do parón de Nadal. Os de Romero enfróntanse en O Couto ao Montañeiros, terceiro clasificado e que chega a esta cita con todo o seu arsenal. 

" O máis perigoso do Montañeiros -pon sobre aviso Romero- é o contragolpe. Conta con dous xogadores moi realizadores como Guillermo, que parece que se recuperou a tempo, e Rubén, que foi compañeiro de José Arenas no Dépor B, pero ademais ten  xente como Rober, un xogador que xa quixen eu cando estaba no Compos B, ou Olaiz".
 

O C.D. Ourense retomou onte luns o   traballo logo de sete días de descanso. Os de Romero chegaban ao parón invernal cos deberes feitos, na segunda posición da táboa, unicamente por detrás do Compostela e co obxectivo de sumar os tres puntos da volta a O Couto, fronte ao Montañeiros, o vindeiro domingo. O equipo aproveitou estes días para ir recuperando pezas. Unha delas, especialmente importante, é a de Moisés Pereiro, centrocampista do conxunto que afirma que está " na recta final da miña recuperación e desexando xogar. Imos intentar apurar para estar ante o Montañeiros", e é que o xogador recoñece que "é un partido importante pero non o único, a verdade é que temos un mes de xaneiro especialmente esixente, con rivais como o Montañeiros en Liga ou o Lugo en Copa Federación".

Adrián Padrón, central do Ourense é outro dos habituais no esquema de Romeu que resultaron tocados no penúltimo partido, coincide con Pereiro en que " o encontro ante o Montañeiros é vital". No seu caso a recuperación da súa lesión non parece tan fácil como a do centrocampista -" o outro día estiven con Manu, o fisio, e aínda me molestaba"-, pero apunta: "Esta semana xa adestrarei e veremos como respondo".

E é que Adrián é consciente da transcendencia deste próximo partido de Liga: "É un encontro chave para poñer terra polo medio na táboa" e tamén sabe que "Gonzalo está tocado e será necesario buscar un recurso para ese posto, así que intentarei por todos os medios estar". A cita será o vindeiro domingo fronte a un Montañeiros terceiro na táboa.

 

BERTO TRAE A VITORIA DE CORUXO

Un penalti convertido polo porteiro de Celanvoa trae os tres puntos para a casa de forma merecido nun duro encontro en terras viguesas.

CORUXO 0-1 OURENSE

22-12-08/

CDOURENSE.TK EN CORUXO

A vitoria en Coruxo chegou grazas a un novo penalti que transformou o porteiro Berto, debido a unhas mans na área local. Despois a expusión do porteiro local por protestar ao árbitro acabou definitivamente co partido. Con dez xogadores os locais conseguiron inquedar os xogadores vermellos que conseguiron vencer a domicilio logo de varios partidos nos que deixaron bastante que desexar nos seus desprazamentos.

O Coruxo non puido cun potente Ourense que estivo animado en todo momento pola súa afección que sumaba preto dun cento de seareiros e que lle deu moitos folgos, sen dúbida. Ademais, o cadro da cidade das burgas contou coa favorábel arbitraxe de López Rodríguez.

 Alex, centrocampista del C.D. Ourense, lucha por un balón con un rival. (Foto: AD)FOTO: La Región


A primeira metade estivo moi desputada no campo de O Vao aínda que foi moi aburrida para o público. Comezou con enorme intensidade por parte de ambos os dous equipos e con oportunidades polas dúas partes para terminar nun encontro trabado  nos últimos minutos deste primeiro acto.
A primeira metade terminou coa mellor oportunidade do Coruxo, xurdida a raíz dunha falta lateral provocada por Abraham que foi rematada por  Antunez. Berto, porteiro do Ourense, sacou o balón con dificultades. O balón quedou dentro da área, para ollar de seguido dous  remates consecutivos de xogadores do Coruxo,  que foron sacados por senllos defensas dos das Burgas. O balón non terminou dentro da rede de milagre.


Pero esta ocasión tivo efectos adversos para os vigueses. O equipo verde decidiu destruírse ao comezo da segunda metade. Saíu durmido e cedeu dominio de balón ao Ourense. López Rodríguez  viu unha man dun zagueiro do Coruxo, Abraham, á saída dunha falta ao bordo da área. Penalti. Desde os once metros anotou o xa mítico nestes labores, o porteiro  Berto, que se está convertendo en todo un especialista desde o punto de penalti con catro goles sumados ata o momento.


Por se isto non chegaba, Jorge Pérez, gardamallas do Coruxo, decidiu autoexpulsarse. Gañouse a amarela nun barullo dentro da área, e a vermella inmediatamente despois ao encararse co colexiado no saque de porta.
O colexiado non tolerou a saída de ton do meta e a partir de aí acabouse o encontro, cun Ourense que manexou os tempos sen problemas, axudado da superioridade numérica e polos nervios dun Coruxo que careceu, con só 10 xogadores sobre o campo, de capacidade de resposta. Malia iso, a defensa visitante tivo que sacar unha dobre ocasión debaixo dos paus cando xa se chegaba ao minuto 90.


Ficha técnica:

CORUXO

 Jorge Pérez, Marcos Alonso (Antón, min. 10), Jacobo Campos, David Campos, Costas, Jorge Comesaña, Richi (Cortegoso, min. 54), Antúnez, Silva, Marco e Abraham (Óscar Pérez, min. 65).

OURENSE

 Berto; Iosu, Seoane, Portela, Gonzalo (Bruno, 89), Antonio, Jaime (Rafa, 70), Sanginés (Oli, 88), Martín, Álex e José Arenas.

ÁRBITRO: López Rodríguez (Pontevedra). Amarelas a Antúnez, Jacobo Campos, Silva e expulsou  por dobre amoestación a Jorge Pérez (min. 53) e a Abraham (min. 70) cando xa  fora substituído. No Ourense amoestados Iosu, Seoane, Portela e Álex.

GOLES: 0-1, min. 47: Berto, de penalti.

estadio: O Vao. 600 espectadores

Os detalles:

- Os ourensanistas conseguiron unha importante vitoria e que permite aos ourensáns marchar de vacacións na segunda posición e máis preto do líder, ao que lle recortaron dous puntos esta xornada despois do empate a cero goles entre Montañeiros e Compostela. Agora mesmo C.D. Ourense está a catro puntos do líder e afasta ao Santa Comba, quinto clasificado, a catro puntos.

- Moito frío nun campo que rexistrou tres  cuartos de entrada.

- Un cento de seguidores acompañou ao Ourense en O Vao. Algúns desprazáronse en coches particularse e outros fixérono no autobús da Algarada Vermelha. MEmebros desta Epña tiveron momentos de tensión algún encargado do campo.

- O porteiro local foi expulsado por unha falta e a subseguinte protesta airada. Cando recibiu a expulsión tivo que ser agarrada polos seus compañeiros porque pretendía chegar ás maos co árbitro, ou alomenos, iso semellaba.

- O central Portela, que xa tivo que cumprir un ciclo de cinco tarxetas amarelas, volveu sumar outra o pasado domingo ante o Coruxo, o que o  sitúa con oito neste momento. É o que suma máis tarxetas amarelas no conxunto.


Os protagonistas:

 

ROMERO: " A valoración ata o momento é de notable para os rapaces. Logo de empezar tan tarde, con xente da canteira máis algunha que outra fichaje, non podemos queixarnos. Esta Terceira é moi similar á que eu vivín co Ourense B. O fútbol baséase en defensas con pouco risco, balóns arriba e fútbol moi directo. Son equipos feitos e formados, mentres que no caso deste Ourense falamos de xogadores moi novos e aínda en formación. Este equipo aínda quere dar moitas alegrías no que resta de tempada, ademais de ir crecendo no seu xogo, un estilo que se afasta do habitual na categoría e que, ata agora, está a darnos resultados."
 

LÍDERES!

OURENSE 4-0 CERCEDA

O Ourense machaca un equipazo como o Cerceda e xa lidera a táboa de Terceira

José Arenas y Antonio celebran el tercer gol del C.D.  (Foto: Miguel Ángel)FOTO: La Región

13-10-08//

REDACCIÓN/ LA REGIÓN / EL CORREO GALLEGO

O Ourense xa é líder da Terceira División e conseguiuno no seu mellor encontro desde que comezou a tempada. Sen despregar un xogo digno de grandes louvanzas pero bastante sobrado.

Plantou cara o Cerceda e puido cambiar o partido se Deza tivese aproveitado  a súa dobre ocasión nos primeiros intres, que Berto rexeitou por partido dobre. Dous goles psicolóxicos do Ourense mataron o partido.


Os xogadores que dirixe Romero atoparon oposición no Cerceda só no  primeiro tempo. Exerceron, como é habitual, de completos dominadores do balón, pero enfronte tiveron un equipo ben plantado, que á contra lles facía  dano.   O técnico do Cerceda dixo que ían ir  polo partido e así foi. Presión arriba, constante, ata facendo uso de faltas tácticas cando era necesario, e verticalidade á hora de encarar a portería de Berto. Así as cousas o Ourense atopaba dificultades para triangular con criterio.

Os ourensanistas non atopaban boas ocasións de gol porque fallaban nos últimos metros, despois de que as chegadas a liña de fondo dos laterais non causasen o efecto esperado. Parecía que o choque quedaría pendente de resolución para o segundo tempo, pero os últimos minutos do primeiro acto resultaron decisivos.

 Una jugada del encuentro disputado ayer entre el CD Ourense y el Cerceda en el campo de O CoutoFOTO: El Correo Gallego

 

O primeiro aviso, malia iso, foi de Martín, en tiro demasiado cruzado ao recoller unha parede Breogán-Seoane. 
 O zarpazo local chegou no psicolóxico minuto 43. Pase de Iosu desde banda dereita, remate fallido de Arenas e Martín que emenda a traxectoria enviando o balón á rede. Foi un  erro da zaga do Cerceda que Martín aproveitou. Un Martín que levaba unha tarde un pouco fallida.

O mazazo foi importante para o Cerceda, que acusou aínda máis cando ao minuto da reanudación, viu como outro erro posibilitaba que o pichichi da Terceira, José Arenas, certificase a vitoria local.

Desde ese momento non existiu partido.  O  Cerceda baixou enteiros e reduciu os seus ataques a meros intentos sen pegada.  O Ourense foi amo e señor do xogo e das ocasións. Arenas e Portela puideron marcar, pero foi primeiro Antonio, tras pase interior de Martín,  quen batía  por baixo a Muradás cun disparo desde a frontal e nos minutos de desconto Martín, cun golazo pola escadra, tras gran xogada de Levi Marengo, os que puxeron o broche de ouro a un gran partido dos locais, que os  conduciu a unha nova vitoria e ao primeiro posto da Terceira División.
 


Ficha técnica:

OURENSE

 Berto, Iosu, Seoane, Portela, Adrián, Antonio, Sanginés (Jaime, min. 76), Breogán (Levi, min. 68), Martín, Moisés (Roberto Dacosta, min. 83), José Arenas.

CERCEDA

 Rafa Muradás, Noe, Angel, Antonio, Aitor Díaz, Adolfo, Xaco (Lucas, min. 80, Fran Castaño, Diego Otero (Felipe, min. 60), Toja, Dani Deza (Louro, min. 60).

ÁRBITRO: Diaz Álvarez (Pontevedra). Amoestou con tarxetas amarelas a Breogán ;  Ángel e Toja polos visitantes.

GOLES: 1-0, min. 43: Martín; 2-0, min. 46: José Arenas; 3-0, min. 78: Antonio; 4-0, min. 91: Martín.

ESTADIO: O Couto. Uns 1.400 espectadores

Os detalles:

- Os visitantes reclamaron a posibilidade de que Martín incorrera en fóra de xogo no primeiro gol. Ao ver as imaxes apréciase que Martín non está en posición ilegal.


- Unha  das notas positivas do encontro foi o bo ambiente que rexistraron as bancadas de O Couto, que parecen volver recuperar a ilusión por un equipo. Ao redor de case 1500 seareiros ocuparon as bancadas. Tribuna estaba moi chea.

- A Algarada Vermelha lembrou a Miguelón a través de diversos cánticos ao longo do partido.

- Romerito retirou a Breogán e introduciu a Levi Marengo, un secante no centro do campo que ademais deu paso aos envíos longos e colocados, aínda que tamén tivo un par de perigosas perdas de balón no centro do campo. Porén, amosou que cando quere, pode.

- Moisé Pereiro demostra que ten unha calidade desorbitada para a Terceira. O mellor

- José Arenas é pichichi da Terceira con 6 goles. Martín leva xa 3 goles.

- O Ourense é líder pero deberá render  dúas visitas a domicilo consecutivas.

Os protagonistas:

Francisco Romero da indicaciones a sus jugadores fuera del banquillo, en el campo de O Couto. (Foto: Miguel Ángel)

ROMERO:" Foi un partido un pouco estraño, aínda que levabamos o control do partido en calquera contra podíanche facer gol. De feito tiveron unha na primeira parte moi clara que salvou Berto por dúas veces. Logo, na segunda parte, o gol temperán desfixo un pouco o partido. Levi é un xogador que dá un compás de espera ao xogo, recóllea, aguántaa, tena e dá tempo a saír aos demais. A pena son algunhas perdas intentando o pase polo medio. Pero xunto con Moisés dános eses impás necesarios para os xogadores. Nós nos adestramentos adoitamos ir variando xogadores de postos como fan Sanginés, Arenas ou Martín dentro do campo, para desequilibrar un pouco ao contrario".

 

XUNTANZA CORDIAL CON ALGUNHA PROTESTA

11-10-08//

O Consello de administración de Club Deportivo Ourense, co seu presidente Juan Pérez á cabeza, mantivo unha reunión cos socios para escoitar as súas inquedanzas. A xuntanza estaba aberta a calquera afeccionado. Non houbo incidentes agás tres persoas situadas ao fonodo da sala, que si protestaron en varias ocasións ante Juan Pérez.
 

Pérez dixo  que foi  "unha reunión moi cordial", e destacou a ampla presenza de persoas na sala, unhas 70, algo que indica segundo el que ?" emos apoio, e desde o club tamén quixemos mostrar que o club segue vivo".  O presidente  falou na xuntanza da campaña que se está facer  con establecementos comerciais. A idea con este acto era facer ver ao socio que son partícipes do club. houbo louvanza spara a Algarada Vermelha, que tiñasn algún representante na sala.

Juan Pérez dixo tamén que chegaría para probar co equipo o meta Víctor, criado na canteira do Barça e que procede do Bergantiños, e un dianteiro estranxeiro con pasaporte comunitario

 

 

GAÑOU MIGUELÓN

NARÓN 1-2 OURENSE

Un golazo desde case o mediocampo no final do encontro deulle a vitoria ao Ourense

Moisés, del C.D. Ourense, protege el balón ante un rival del Narón. (Foto: Diario de Ferrol)FOTO: La Región/ Diario de Ferrol

7-10-08//

Un potente disparo de Antonio desde case a metade do campo ao bordo do final do encontro deu a vitoria aos de Romero sobor dun Narón que foi fiel ao seu xogo alegre e técnico, aínda que o seu tanto viría na habitual xogada de estratexia. Con esta nova vitoria a domicilio, o C.D. Ourense mantense segundo, no grupo de elixidos.

Co partido a piques de terminar, o Narón perdeu a condición de invicto no seu feudo, unha condición que mantivo, ata o partido co C.D. Ourense, tamén nas súas saídas a campos foráneos. Unha marabilla de Antonio, un tiro desde case o centro do campo, axudado polo vento, sorprendeu o adiantado meta Diego Rivas e deulle a vitoria a un Ourense que a buscou con ganas.

Un choque entretido, no que ambos conxuntos dispuxeron de opcións e no que demostraron ser dos mellor dotados tecnicamente da categoría. Por esa razón, o empate fose quizais máis xusto, aínda que o zambombazo de Antonio merecía os tres puntos.

Narón e Ourense fixeron desde o primeiro minuto do partido un duelo de chegadas a ambas porterías. O C.D. Ourense adiantouse por mediación do interior Sanginés nunha xogada embarullada onde se impuxo o máis listo da clase, pero o conxunto de Ferrolterra non tardou demasiado en empatar grazas ao acerto rematador de Carlocho tras unha acción a balón parado.

Era algo sobre o que o C.D. Ourense estaba avisado, o perigo nas xogadas a balón parado chegaba de atrás, pero neste caso foi imposible deter a Carlocho, que se atopou coa axuda in extremis de Breogán.

De todas os xeitos, ambas as dúas escadras dispuxeron de opcións para debuxar un marcador ata máis amplo.

Tralo descanso, a situación cambiou, porque o Narón foi quen dominou a situación cunha maior claridade, pero o  seu acoso non atopou premio. Ao final, cando o empate se daba case por feito, o Ourense acabou gañando cun potente disparo de Antonio desde máis de 40 metros. Un tiro que vale tres importantes puntos.

Ficha técnica:

NARÓN

 Diego Rivas, Juancho, Jorge, Carlocho, Adrián, Charli (Alvaro, min. 80), Juanito, Pablo Rei, Iñaki (Gordillo, min. 84), Alex López (Diego López, min. 40) e Javi Redondo.

OURENSE

 Berto, Iosu, Seoane, Portela, Adrián, Antonio Fdez., Sanginés (Jaime m. 80), Breogán (Roberto, min. 60), Martín E Levi, min. 68), Moisés e José Arenas.

GOLES: 01, minuto 14, Sanginés; 1-1, minuto 31, Carlocho; 1-2, minuto 86, Antonio.

ARBITRO: Ferreiro Varela (A Coruña).

ESTADIO: 600 espectadores, uns  80 de Ourense.

Os detalles:

- ADEUS MIGUELÓN

 Miguelón, antes del último partido del Ourense en O Couto. (Foto: Xesús Fariñas)

O utilleiro do primeiro equipo de O Couto falecía o sábado de forma repentina na súa casa da cidade.
Miguel Ángel Vázquez finaba pola tarde por causas aínda por determinar, aínda que todo apunta a un infarto. Quizais polo nome e o apelido non se recoñeza á persoa, pero se se di que faleceu Miguelón, o utilleiro do C.D. Ourense, case todos visualizarán a súa figura recollendo os balóns no campo de O Couto antes dun partido ou repartindo botellas de auga no transcurso do mesmo.

Miguelón estivo o luns no adestramento de recuperación do equipo, despois do empate asinado en O Couto co Ordes o día anterior, e dixo que se atopaba mal, con gripe. Onte pola mañá chamou por teléfono á sé do club para dicir que aínda non estaba ben e que ía gardar cama. Xa pola tarde, o irmán de Miguelón chamaba a C.D. Ourense para dicir que o  atopara morto na cama, no seu domicilio da cidade.

Avanzada a tarde acudiron ao domicilio o xuíz e o médico e a primeira impresión deste último foi que o infarto era a causa máis probable, aínda que todo quedaba á espera da autopsia que se lle debía practicar na Residencia Sanitaria.

Pendentes da decisión de médico forense e xuíz, trasladouse o cadáver ao tanatorio As Burgas e celebrouse o enterro e funeral na localidade natal da familia de Miguelón, en Xunqueira de Ambía.

 Miguelón recibira na temporada 2005/06 o trofeo como mellor utilleiro da Primeira autonómica, cando ao seu cargo estaba o bo coidado do vestuario do Polígono. Aníbal Pereira, entón xogador e agora adestrador do Nogueira, recorda que " xeramos a idea dese ranking de utilleiros con Víctor Arias. Todo equipo necesita un nexo de unión, sobre todo nas dificultades, e el era ese nexo.

 

- O cadro de afeccionados animou incansablemente. Houbo preto de 80 afeccionados desprazados no bus que puxo o equipo e en coches particulares.

- o Ourense aséntase na segunda praza da táboa.

 

Romero avisa do perigo do Ordes na estratexia

LA REGIÓN

25-9-08//

C.D. Ourense enfróntase este domingo a un rival do que Romero xa ten algúns apuntamentos. " A Juancar, o seu técnico, gústalle aproveitar as xogadas de estratexia", un detalle que deberán ter en conta.

Onte, adestramento do Ourense, n oque foi o primeiro día de traballo no Tecnolóxico con vistas ao partido  do vindeiro domingo fronte ao Ordes, un conxunto en torno ao que Romero xa ten algúns datos. "O Ordes empatou en Cerceda e non creo que haxa moitos equipos que poidan e que vaian conseguilo esta tempada". Un dato máis: "O seu adestrador estaba o ano pasado no Bergantiños e non creo que cambie moito de estilo. Co Ourense B xogamos con eles e remontáronnos un partido con dúas xogadas de estratexia na recta final do encontro. É un equipo ao que lle gusta xogar repregado e aproveitar ao máximo as xogadas a balón parado".

A fórmula para anular as posibilidades do rival?: "Nós teremos que ter paciencia e evitar as súas contras ou que nos collan as costas", sinala .

ROMERO CUESTIONA A ACTITUDE DE LEVI MARENGO

Levi volve ser oficialmente integrante do primeiro equipo do Ourense.

25-9-08//

REDACCIÓN/ LA REGIÓN

Ao adestramento de onte asistiu  Levi Marengo, que que aclarou o seu futuro. Este despexábase no senso de que, como xogador do Ourense que aínda é, queda a disposición do técnico , que fala das súas condicións e di que " a tempada pasada tíveno no B cinco ou seis partidos e é un xogador que ten condicións para triunfar, outra cousa é en que estado físico chegue e que actitude teña de cara ao equipo".

En todo caso Marengo apúntase como un recurso máis nunha parcela do campo na que o técnico xa conta con varios xogadores, aínda que a tempada é longa e esixente, e seguro que virá ben este xogador adicional cando se acumulen as lesións ou as sancións.

Outra cousa é que se siga buscando outro xogador para a punta de ataque, algo no que se está traballando.

 

SI AO CUMIAL

O Presidente Juan Pérez dá a súa aprobación en nome de Cd Ourense para o traslado a O Cumial ante o tenente de alcalde, Álex Sánchez Vidal.

24-9-08//

REDACCIÓN/ LA VOZ/ LA REGIÓN

A folla de ruta que onte puxo o BNG encima da mesa para desenvolver o proxecto urbanístico Auria Verde deixou en evidencia a complexidade dunha intervención que superará a actual lexislatura. Segundo as previsións do tenente de alcalde, Alexandre Sánchez Vidal, o novo escenario que os nacionalistas expoñen no barrio do Couto non será unha realidade ata dentro de entre catro e seis anos, o que sitúa a súa finalización no horizonte do ano 2015.

Entre os motivos que farán do Auria Verde unha intervención de longo percorrido atópanse os complexos trámites a desenvolver dunha operación que afecta  tres áreas de repartición no barrio do Couto e a unha superficie de 55.000 metros cadrados na zona do Cumial que, nunha elevada porcentaxe, está en mans de propietarios privados. De feito, Sánchez Vidal aseverou onte que acabar con todos os trámites urbanísticos levará polo menos dous anos: «Imos  necesitar dous anos para despexar o mapa legal que temos diante na mesa».

Sobre os prazos que baralla a Tenencia de Alcaldía tamén se situou onte a concelleira de Urbanismo, Áurea Soto, que os cualificou de «razoables». A política, que deberá de xogar un papel importante no desbloqueo da situación urbanística actual dos terreos do campo do Couto, mostrouse onte partidaria de realizar un plan sectorial da Xunta, en lugar dunha modificación do plan de urbanismo, para evitar máis complexidades legais na actuación. «Realizar un plan sectorial é máis cómodo, porque non requiriría adaptarse ao plan de urbanismo. Con todo, se a iniciativa parte desde a entidade municipal todo resulta máis complexo», explicou Áurea Soto.

No que se refire á localización do novo estadio, a Tenencia de Alcaldía afirmou que se atopa en fase de recompilación da información necesaria para delimitar todas as parcelas. En canto á adquisición dos terreos para a nova instalación deportiva, os nacionalistas aseguran que aínda non se puxeron en contacto cos seus donos para negociar a expropiación, permuta ou compra dos terreos.

Trátase dunha leira de case catorce hectáreas que é propiedade de Antonio Fernández González e que foi herdada polos seus descendentes. é o terreo central do antigo cuartel e o seu propietario fíxose con ela no ano 1919.

O presidente do club, Juan Pérez, mostrou o seu agradecemento á Tenencia de Alcaldía pola súa sensibilidade, destacando que as novas instalacións en O Cumial serán beneficiosas tanto para o primeiro equipo como para a canteira. Así mesmo, recalcou que dito traslado propiciará beneficios para o barrio de O Couto, coa creación de novas dotacións  e concluíu expresando o seu desexo de alcanzar os 2.000 socios durante esta tempada en Terceira División (ata agora contan con 1.300).

Alexandre Sánchez Vidal recalcou que tras alcanzar o consenso político con respecto ao proxecto Auria Verde, "era de sentido común que o primeiro contacto fose con Club Deportivo Ourense". Explicou o tenente de alcalde que o desenvolvemento do proxecto conta cun horizonte de seis anos, dos que os dous primeiros servirán para "despexar ou mapa legal na xestión dous terreos, tanto no Cumial coma no Couto", incidindo en que C.D. Ourense "debe chegar coa economía saneada e unha masa social importante", xa que as novas instalacións deportivas serán concibidas en función das necesidades do club.

Sánchez Vidal repetiu en varias ocasións que Auria Verde é un proxecto "de carácter público que exclúe en todo momento calquera carácter especulativo", recordando que na área de actuación deste proxecto urbanístico estaban contemplados 100.000 metros cadrados deas tinados a un hotel "que agora pasarán a ser parque público, o que é ben significativo", sinalando tamén que se limitou a edificabilidade privada prevista con anterioridade (200.000 metros cadrados que pasarán a ser 60.000). Para rematar, avanzou que a semana próxima concretará coa Xunta o modelo de xestión máis doado e rápido para este proxecto.

OUTRA VEZ LEVI?

24-9-08//

Os rumores de Ourense situaban onte a Levi Marengo moi preto de "recalar" en Clube Deportivo Ourense de novo.

Dicimos recalar entre comiñas, porque malia estar desaparecido por completo das convocatorias segue a estar en fich ano Ourense. La Región avanza hoxe, que clube e xogador chegaron a un acordo para aclarar a situación do xogador. O holandés, que xogou a tempada pasada no Ourense, que acabou por xogar no B debido á súa falla de disciplina e pouco xogo,  tiña contrato en vigor, aínda que logo dos problemas de liquidez do club o xogador mostrara a súa intención de liberarse da disciplina ourensanista, segundo LA REGIÓN, tratando de buscar outro equipo.
Despois do acordo ao que chegou coa entidade que preside Juan Pérez, cunha ficha á baixa no aspecto económico, Levi Marengo "será un xogador máis do persoal, como xa debería telo  sido desde o principio, pois ten contrato, aínda que non empezou", segundo apunta o adestrador Romero. Semella que a partir de agora, Levi volverá ao terreo de xogo de O Couto.

BREVES

- O Ourense-Ordes disputarase no Couto este domingo ás 17 horas da tarde. O equipo coruñés chega como penúltimo a este duelo. O Ourense chega como segundo clasificado. Agárdase bo ambiente pola boa xeira do equipo local e pola suba de venda de carnets de socio.

- Sanginés falou onte da vitoria en San Pedro ante o Vilalonga. "Empecei en banda dereita e aos 10 minutos cambiei con Arenas e paseime á banda esquerda, e aí veu o primeiro gol. Romero dános liberdade para poder cambiar de banda".

CAMBIO DE CICLO

EDITORIAL ( Máis na sección OPINIÓN)

23-9-08//

Semella que esta ano está a ser un ano de máis claros que nubarróns en Casa Ourense. Semella que está solucionado, a falta das pertinentes operacións financeiras que ten que facer o Concello (ou cómpre dicir Tenencia de Alcaldía?) o tema do novo campo, que se situará dentro do municipio ao que pertence o clube ( non como pretendía Baltar) e será no Cumial ( a onde chegan autobuses urbanos) lonxe pero non tanto. A situación, como ben dixo Monxardín no artigo de abaixo, é un lugar perfecto para situar o proxecto nacionalista de Auria Verde, que de verde pouco ten pero a cemento cheira un rato. A zona actual na que se asenta O Couto está moi descoidada e é unha das zonas con menos calidade de Ourense. Se queremos progreso no clube, o primeiro será un cambio de campo, facendo un campo decente, con aspiración a cotas máis altas. Esquezámonos de sentimentos e pensemos coa cabeza e non co corazón. O Couto non é noso en propiedade, mais si é de forma virtual dunha afección entregada co clube. O Concello saberá recompensar os afeccionados como ben pide Juan Pérez.

A todo isto, o equipo, no plano deportivo, comeza con bo pé a tempada en Terceira, 9 puntos de 12 e ritmo de campión. A bancada resposta malia estar na Terceira  e hai xogadores de moita calidade. Hai un cambio de ciclo en Ourense. Despois de vivir o nubarrón do teimudo Tomé no banquió que afundiu en tres tempadas os soños da afección, chega o ciclón Romero que rematou a tempada pasada con 7 de 9 puntos e nesta leva un ritmo semellante. Na presidencia pasamos dunha xestión económico dubidosa de Quino Muñoz que tivo claros e escuros,aínda que consegui sacar o equipo dunha débeda millonaria a un Juan Pérez que tira de experiencia e moita seriedade e ao que se  lle notas ben os sentimentos. Conseguiu formar un equipo para ascender e cambiar a un ciclo positivo.

SE DESAPARECE O COUTO NON PASA NADA

Opinión de Afonso Vázquez Monxardín. ( Máis na sección OPINIÓN)

23-9-08//

Vou provocar, aviso. Creo que a idea exposta  polo BNG volve, simplemente, sobre unha vella idea de sentido común: concentrar nun punto da cidade as delegacións administrativas dos poderes autonómicos e centrais. É algo lóxico e útil que a todo o mundo lle debe parecer razoable. Ao igual que hai zonas con especialización sanitaria ou educacional, é lóxico que haxa unha con especialización administrativa. Que sexa no Couto está, ademais, moi ben. É unha zona dinámica, ben comunicada co centro e coas estradas e levaría un impulso magnífico. Que se faga isto xogando coa localización do estadio de fútbol, discúteno algúns. Pola miña banda paréceme ideal. Unha posible utilización pública de, no mellor dos casos, un par de horas á semana, non debería pexar unha rendibilización do espazo ben maior como sería a dunha zona administrativa, que, ademais, metería moito funcionario, oficina, moita vida, no mesmiño corazón do Couto.

Pero discrepo coa localización futura do campo de fútbol. Eu levar levaríao... ¡para ningún sitio! Xa está. Moi fácil. Quen queira xogar ao fútbol que vaia ao campo de Oira, ao do Pavillón, ao da Laboral ou ás instalacións da Universidade. Norte, sur,  leste e oeste. E quen queira ver xogar ao CD Ourense que acenda a televisión e, se aínda existise equipo, que retransmita os partidos Telemiño. Ademais pola tele, á parte de inmensamente máis barato, parecería máis importante. Á xente o que lle gusta é ver os partidos no bar tomando unhas cañas e botando unhas risas. E se o partido é malo, mellor, non lle ten que prestar tanta atención.

A ver. Fagamos unha experiencia sobre o uso actual do campo. Póñase vostede en varias rúas calqueras da cidade. Digamos unha do Vinteún, unha do Couto, unha de Mariñamansa, unha da Rabaza e unha no Centro. Pare ás vinte primeiras persoas, non sexa machista homes e mulleres, que pasen entre dezaseis e setenta anos. Pregúntelles cántas veces foron ao estadio do Couto nos últimos cinco anos. Sería unha mostra aleatoria. ¿Imaxina os resultados? Eu si. E vostede, amable lector?

O exemplo do estadio de San Lázaro de Santiago para min é arrepiante. Derróchase unha millonada no medio dunha febre momentánea de fútbol e faise un estadio, nin máis nin menos, que para dezaseismil cus. E pasou o día, pasou a romaría. Agora está sempre cheo... de aire. Menos mal que o seu aparcadoiro é útil para a xente que vai a reunións ao Pazo de Congresos.

Pois ben, en Ourense non hai praza de touros. ¿E que? A moita honra. Ben damos vivido sen ela. ¿Quen di que é obrigatorio que haxa campos de fútbol por todos lados? Chega Oira e Pavillón. Se desaparecese O Couto, nada pasaría.... Total... E co que aforrabamos inda podiamos pensar en cubrir outras necesidades básicas... eu que sei, construír un hipódromo ou un canódromo. Ou algo así.
 

 

EXHIBICIÓN DE ARENAS

VILALONGA-0 OURENSE-2

Dous goles do dianteiro de Ponteareas conducen ao Ourense á súa primeira vitoria a domicilio. Os de Romero aparcaron a aposta combinativa para desquiciar ao Vilalonga cunha sólida defensa e contragolpes envelenados.

22-9-08//


FOTO: La Región


Sanginés atopou un corredor pola esquerda, onde o debutante en San Pedro, Adrián Gómez, non se mostrou moi preciso. O mozo vermello avisou nunha falta de entendemento entre Pazos e Adrián, pero catro minutos despois gañoulle as costas á defensa e o seu centro de banda a banda serviu para que Arenas rematase a pracer batendo a Pazos. O Vilalonga acusou o golpe e tardou en reaccionar, incapaz de neutralizar a superioridade numérica dos visitantes no medio campo e a velocidade da dianteira ao contragolpe.

A ocasión máis clara para facer a igualada tívoa Machu na súa cabeza, pero o cambadés rematou rozando o poste un gran centro de Rubi. A réplica visitante non tardou en chegar. Sería por medio do goleador, José Arenas, cuxo remate saíu desviado.
 

FOTO: Diario de Arousa


O Vilalonga xogaba a remolque e comezou a precipitarse, o que provocaba perdas de balón e rápidos contragolpes ourensanistas, aínda que para acougo dos locais, a defensa comezaba a entonarse e Adrián e Quito saían a tapar os espazos por banda. Coa sensación de que o Ourense podería ter  levado máis vantaxe ao descanso finalizou o primeiro tempo.


FOTO: Faro de Vigo


Na reanudación, o conxunto de Leis saíu con máis ímpetu na busca do empate e en dez minutos tivo dúas ocasións, a máis clara un remate de Pillado desde a frontal ao que respondeu Berto, pero foi un feito illado, porque á contra o Ourense sentenciou. Leis arriscou en defensa co fóra de xogo e non lle saíu ben. Aremas cazou un balón e marchou pola dereita batendo por baixo a Pazos e poñendo o punto e final ao partido e ao excelente comezo de campionato do Vilalonga.

Ficha técnica:

VILALONGA

 Roberto Pazos, Adrián Gómez, Lozano, Adrián, Quito, Luismi, Pablo Pillado, Iago (Edu, min. 75), Machu, Saúl e Rubi.

OURENSE

 Berto, Iosu, Seoane, Portela, Adrián, Antonio, Sanginés (Jaime, min. 91), Breogán (Dacosta, min. 82), Martín (Álex, min. 90), Moises e José Arenas.

ÁRBITRO: Xabier Rodríguez Campos, auxiliado por García Rodríguez e Soto Eiroa, do Colexio da Coruña. Amarelas polo bando local a Machu e Adrián e polo bando visitante a Moisés e Portela.

GOLES: 0-1 min. 10. José Arenas, 0-2 min. 78. José Arenas.

ESTADIO: Campo de San Pedro, con preto de 450 afeccionados nas bancadas.

Os detalles:

-  O Ourense rompeu a imbatibilidade do Vilalonga, e ademais amosou que é un firme candidato a facerse co título e xogar a fase de ascenso.

- O Vilalonga estivo máis permisivo do habitual e pagou caro os erros defensivos cometidos nos primeiros minutos.

- A vitoria a domicilio en campo do  Vilalonga por 0-2 dá crédito ao equipo de Romero, que se sitúa segundo e confirma o  papel de favorito.

- Unha vintena de seareiros ourensanistas estiveron en San Pedro, entre eles, moitos compoñentes da Algarada Vermelha.

Os protagonistas:

ROMERO:  "Cada partido ten unha lectura. Fixemos un gran traballo defensivo, soubemos abrir o xogo ás bandas, buscamos espazos e xogamos a pelota cando a puidemos xogar. Sanginés aporta moita velocidade e Arenas está facendo gol, polo que demostramos que tamén temos as nosas cartas cando os partidos non se xogan en campos como O Couto. Tivemos sorte ao principio ao marcar axiña que, pero en liás xerais fomos mellores. A única pena é que non sentenciamos antes o partido. Non lles deixamos que xogasen cómodos. Adoitan combinar, viñan de empatarlle ao Compostela e de lle gañar ao Cerceda aquí e pretendiamos que o partido non se lles puxese de cara. Collémolos á contra, víase que estaban sufrindo e que atacaban máis co corazón que coa cabeza. O segundo gol matounos. Sigo dicindo que non temos mal equipo, aínda que nalgunhas posicións teñamos certas dúbidas".

ARENAS: "Ata a min me custa crer que xa leve catro goles. Estanme saíndo as cousas e como isto é cuestión de rachas hai que aproveitalas. Lamento non ter matado antes o partido. Poucos equipos van gañar neste campo".

DUELO DE ALTURA EN SAN PEDRO

VILALONGA-OURENSE/ Domingo ás 18 horas en San Pedro

vs

O Vilalonga, a falta de recibir ao Ourense, respondeu con fartura ao seu complicado inicio ligueiro. Dous empate se unha vitoria en tres partidos. Non coñece a derrota.
O domingo ante o Ourense en San Pedro o Vilalonga pechará un esixente arranque de competición que, ata o momento, ten solventado con boa nota. Os temores e o respecto mostrado por Gabi Leis ante os catro primeiros compromisos de liga (Narón, Cerceda, Compos e Ourense) tornáronse en confianza e ilusión unha vez comprobado o nivel de xogo ofrecido polos seus. E é que as sensacións causadas polo Vilalonga no primeiro mes de liga están sendo algo máis que gratas. No seu marcador  reflíctense 5 puntos, pero sobre o terreo de xogo foi superior a Narón e Compos, a domicilio, e ao poderoso Cerceda na casa. O Ourense, outro dos grandes, é o seguinte ao que queren pasar pola pedra.

O Villalonga, rival do C.D. Ourense este domingo, é un equipo con tradición na categoría, na que suma 16 tempadas consecutivas. O cuarto posto da 2006/07 e o sexto da 2007/08 falan dun grupo de xogadores que aspiran a competir cos que, como o Ourense, están obrigados por historia ou por orzamento a buscar o ascenso. De momento as cousas non lles foron nada mal, xa que empezaron empatando a domicilio na casa do Narón (1-1), gañaron na  súa  estrea  no San Pedro ao Cerceda (2-0) e o domingo pasado asinaban un novo empate, esta vez na casa do Compostela (1-1).

Para o domingo non poderá contar cos lesionados Álex Gómez e David Sarro, mentres que Jose é dúbida ata última hora tras sufrir un leve accidente de tráfico.

No Ourense despéxanse as dúbidas e Roberto Dacosta xa superou os seus problemas físicos e poderá xogar este domingo. Xa adestrou ao cento por cento dous días.  O galego-ecuatoriano Rafinha,   segue a causar baixa por lesión. Romero non fará moitas variacións no seu típico esquema. Luís Vilachá tamén é baixa por sanción.

 

 

" O OURENSE É O MÁXIMO FAVORITO AO TÍTULO"

O adestrador do Vilalonga, Gabi Leis, recibe este domingo o Ourense consciente das dificultades.

19-9-08//

REDACCIÓN/ DIARIO DE AROUSA/ LA REGIÓN


O Vilalonga, a falta de recibir ao Ourense, respondeu con fartura ao seu complicado inicio ligueiro. Dous empate se unha vitoria en tres partidos. Non coñece a derrota.
O domingo ante o Ourense en San Pedro o Vilalonga pechará un esixente arranque de competición que, ata o momento, ten solventado con boa nota. Os temores e o respecto mostrado por Gabi Leis ante os catro primeiros compromisos de liga (Narón, Cerceda, Compos e Ourense) tornáronse en confianza e ilusión unha vez comprobado o nivel de xogo ofrecido polos seus. E é que as sensacións causadas polo Vilalonga no primeiro mes de liga están sendo algo máis que gratas. No seu marcador  reflíctense 5 puntos, pero sobre o terreo de xogo foi superior a Narón e Compos, a domicilio, e ao poderoso Cerceda na casa. O Ourense, outro dos grandes, é o seguinte ao que queren pasar pola pedra.

 

O Villalonga, rival do C.D. Ourense este domingo, é un equipo con tradición na categoría, na que suma 16 tempadas consecutivas. O cuarto posto da 2006/07 e o sexto da 2007/08 falan dun grupo de xogadores que aspiran a competir cos que, como o Ourense, están obrigados por historia ou por orzamento a buscar o ascenso. De momento as cousas non lles foron nada mal, xa que empezaron empatando a domicilio na casa do Narón (1-1), gañaron na  súa  estrea  no San Pedro ao Cerceda (2-0) e o domingo pasado asinaban un novo empate, esta vez na casa do Compostela (1-1).



O Vilalonga pechará o domingo ante o Ourense na  casa o seu particular e esixente calendario inicial. Gabi Leis pasou a ser un dos poucos técnicos da categoría, por non dicir o único, que se mostra totalmente satisfeito coa actitude e o xogo dos seus pupilos a estas alturas de liga. E é que en San Pedro, a pesar do cambio de inquilino no banquiño, pouco cambia respecto o da pasada campaña (salvo o xogo). Os celestes compiten contra calquera, suman e manteñen o máximo respecto por parte dos seus rivais, neste caso, o de todo un Ourense. Leis sabe que "isto aínda está empezando", pero fixa como a clave do que poida chegar a "a humildade".
 


En San Pedro son conscientes de que o test do domingo é o máis esixente de entre os catro do arranque, " o Ourense é o máximo favorito a loitar polo título", advirte o adestrador santiagués. "É un rival complicadísimo, pero o partido vai ser difícil para os dous equipos. Temos que seguir na mesma liña, estou satisfeito co xogo e a actitude dos xogadores, aínda que considero que deberiamos levar máis puntos no noso casilleiro". E é que o adestrador non só se conforma con realizar un fútbol combinativo e vistoso. Para o domingo non poderá contar cos lesionados Álex Gómez e David Sarro, mentres que Jose é dúbida tras sufrir un leve accidente de tráfico.

BREVES

- Despéxanse as dúbidas e Roberto Dacosta xa superou os seus problemas físicos e poderá xogar este domingo. Xa adestrou ao cento por cento.  O galego-ecuatoriano Rafinha, Rafa,  segue sen poder debutar por lesión.

 

VILACHÁ É BAIXA SEGURA

18-9-08//

De cara ao encontro deste domingo ás 18 horas en San Pedro ante o Vilalonga, Francisco Romero non poderá contar con Luís Vilachá, o cal  foi sancionado cun partido de sanción por mor dunha presunta agresión a un xogador do Lalín o pasado domingo en O Couto, que o colexiado rematou con cartón vermello para o ourensán.

Roberto Dacosta permanece mancado e é seria dúbida de cara a ese apaixonante encontro en terras de Pontevedra.

BREVES

- O Ourense volveu adestrar no Couto tras ser resementado o céspede actual.

O traslado do estadio de fútbol do Couto non será factible ata o 2015

portada de La Voz de Galicia

18-9-07//

A salvo de lixeiras matizacións, a oposición e a parte nacionalista do goberno municipal ourensán coinciden plenamente no deseño do proxecto «Auria Verde», un plan exposto polo BNG e que pretende o traslado do campo de fútbol do Couto, a creación de 319 vivendas de promoción pública e a creación dun gran espazo verde no lugar actualmente ocupado polo estadio.

Así quedou onte de manifesto no transcurso dun debate celebrado en Radio Voz entre o BNG e o PP con Andrés García Mata, concelleiro de Infraestruturas e Aurelio Gómez Villar, concelleira da oposición. Unicamente a alianza escenificada onte quedaría rota «non suposto de que de aquí a que ou proxecto vexa a luz haxa moitas variacións», segundo avanzou o edil popular, un feito que en principio o representante do goberno local non aventura.

Pero os prazos parecen ser un dos principais escollos que ten o BNG para que se albisque algún día o «Auria Verde». O concelleiro de Infraestruturas insistiu en que a iniciativa é incompatible coas présas xa que, segundo os seus cálculos, «este non é un proxecto de seis meses, é un proxecto para o que queda de mandato e para todo ou que vén despois». é dicir, o traslado do campo de fútbol, as vivendas públicas e a zona verde non se poderán finalizar antes do 2015.

No debate expuxéronse as analoxías entre o plan concibido polo Bloque e o que presentou en febreiro de 1999 o PP cando gobernaba no Concello e na Xunta que se bautizou como «Ourense cara o novo milenio». Gómez Villar chegou a dicir que se o caso se dese «no eido cultural, teríamos que denunciar ó BNG por plaxio porque este proxecto é idéntico ó do PP». García Mata chegou a recoñecer que «é certo que coinciden elementos como o traslado do campo de fútbol, pero hai moitas outras cousas nas que non se parecen».

Entre as diverxencias estarían a edificabilidade -que sería menor no caso do proxecto «Auria Verde»- ou as dimensións dos espazos públicos que se crearían, que serían maiores.

Gómez Villar preguntouse tamén sobre se o plan concibido polo BNG contaba co apoio do PSOE, o seu socio de goberno, e sorprendeuse de que a parte socialista do goberno municipal eluda comparecer no debate público celebrado en Radio Voz. Percibe o edil popular «celos na concelleira de Urbanismo, Áurea Soto» por non capitalizar o PSOE a iniciativa, sen que García Mata coincidise neste extremo xa que, segundo puxo de manifesto, «este proxecto está falado co PSOE e non hai ningún problema». Independentemente das matizacións, quedou claro que ambos os partidos irán da man na aprobación dos trámites que restan, que aínda son moitos.

 

 

MOISÉS PEREIRO: " Hai que ir partido a partido"

LA REGIÓN

17-9-08//

Moisés Pereiro foi o máis destacado no encontro do domingo pasado en O Couto fronte ao Lalín, é o organizador, o encargado de levar a batuta do equipo. " O adestrador deume esa responsabilidade e trato de facelo o mellor posible, pero aquí non se trata de falar de individualidades senón dun traballo de conxunto", sinala o xogador.

Con todo, é el o que debe macar os tempos e, consciente diso, Moisés apunta, ao fío do encontro de O Couto, que "cando tes o resultado a favor e un xogador máis vas para arriba sen querer e iso provoca despistes. É o que ocorreu co Lalín, e hai que tomar nota, aínda que nunca temín polo resultado".

De cara ao futuro, Moisés amósase confiado aínda que coa necesaria dose de prudencia: "A lectura dos tres partidos disputados é positiva. Na casa estamos facéndonos fortes e esa é unha das claves. Ademais, malia non sacar algo positivo en Negreira, creo que xogamos ben. As sensacións, ata agora, son boas·.

Aínda que haberá que loitar todos e cada un dos partidos coma se fosen o definitivo: "A Terceira este ano reforzouse moito e será difícil, hai que ir partido a partido".

Nesa loita por alcanzar o obxectivo de meterse entre os equipos que loitarán polo ascenso pode axudar un estilo de xogo sobre o que o xogador non ten dúbidas: " Este Ourense ten uns xogadores cunhas características determinadas, aos que lles gusta tocar o balón e que teñen vocación atacante. É tamén o estilo que traballamos co técnico e creo que é o que nos vai ben".

Moisés Pereiro, o xogador descartado no seu momento, converteuse no eixe sobre o que pivota o xogo do equipo e, de momento, con bos resultados para o equipo.

 

 FÁCIL PERO CON SUSTO

O Ourense complicouse a vida nun fácil partido no tempo de desconto pero Berto salvou os mobles na derradeira xogada

Ourense 3-2 Lalín

FOTO: La Región

15-9-08//

REDACCIÓN/ LA REGIÓN

O C.D. Ourense parecía ter feitos os deberes con 2-0 no marcador e superioridade numérica en O Couto, pero 20 minutos parvos puideron custar os tres puntos.
Non escondera as súas cartas Acevedo na previa do partido. Dixo que ao Lalín gustáballe o fútbol de presión e a saída rápida, e así foi. Os visitantes deixaron rapidamente metros ao Ourense para que se gustase, pero coidándose moitísimo de que os tiros ( Breogán, Sanginés, Arenas) fosen afastados e pouco claros. O Lalín, pola súa banda, fixo un amago no segundo 10 e outro no minuto 25, aí quedou todo. Todo ata o 1-0, en xogada individual de Arenas ao bordo da área, recurtando á defensa e marcando con elegancia. A resposta do Lalín, un tiro de Cuqui parado por Berto.

Na reanudación, o Lalín saíu con forza e tivo  dúas faltas, a segunda das cales desembocou nun pase a Cristian, que só na área non foi, inexplicablemente, capaz de marcar. Xa se sabe a vella lei do fútbol, o que a falla, págaa. Un segundo despois, Sanginés entra por banda dereita e o seu pase aprovéitao Martín para facer o 2-0 de tacón. A todo isto, no 69 era expulsado Rubén. Todo parecía a favor. Pero chegaron os 20 minutos parvos, o Ourense empeñouse  con querer máis e non gardar o balón e o Lalín viu a súa oportunidade, co gol de Manu -ata tres xogadores do Lalín esperaban sos na área. A  resposta do Ourense, contundente: gol de Moisés. Pero ao minuto seguinte Soares aproveitaba a súa ocasión e no último segundo, de novo Soares, case marca dentro da área, pero Berto amosouse impacable e atou o balón aos seus brazos para que non volvesen escapar. Unha man máxica de Berto salvou os mobles.
 

Ficha técnica:

OURENSE

 Berto, Seoane, Portela, Iosu, Adrián Padrón, Antonio Fernández, Sanginés, Breogán (Luis Vilachá, min 70), Martín (Jaime, min 78), Moisés, José Arenas (Gonzalo, min 88).

LALÍN

 Iván Parada, Suso, Méndez, Antonio, Cuqui (Jota, min 78), Iván (Quinteiro, min 46), Cristian (Nando, min 70), Manu, Sores, Angel y Méndez.

ÁRBITRO: Extremadura Hernández (Vigo). Amarelas a Adrián Padrón, Sanginés, Breogán, Martín e Jaime polos locais e Manu, Suso e David Soares polos visitantes. Expulsou  Luis Vilachá (min 85) os locais e  a  Rubén Méndez (min 78) polos visitantes.

GOLES: 1-0, min 37: José Arenas; 2-0, min 48: Martín; 2-1, min 84: Manu; 3-1, min 92: Moisés; 3-2, min 93: David Soares.

ESTADIO: O Couto. Unos 850 espectadores.

Os detalles:

- Presenza importante da Algarada Vermelha na bancada de fondo, cercanos á cincuentena de membros.

- O Couto msotroulle o seu aprecio a Martín con grandes aplausos. Houbo moitos apupos ao árbitro e ao protestón banquiño visitante.

- 2 vitorias de 2 partidos en O Couto. O noso campo é un auténtico fortín esta tempada.

- Campo  en boas condicións, sol e boa temperatura.

- Mala actuación do colexiado que deixou os dous equipos con dez homes, malia que non houbo xogo violento. Expulsou o local Vilachá por presunción de agresión.

- O Ourense é terceiro con seis puntos, a un de Santa Comba e  Rápido de Bouzas que encabezan a táboa.

 

Os protagonistas:

ROMERO: " Realmente sabiamos que ao Lalín lle gusta ese estilo de xogo, con balóns altos arriba, pero non soubemos anulalo. Precisamente metemos a Gonzalo para controlar esa parcela, pero non atopou o seu sitio. Métenche un gol nunha falta lateral que debiamos cortar tres veces, non o fixemos e chegou o gol; despois marcamos, pero outro despiste deulles outro gol. Durante a semana estivemos traballando o tema das faltas, estratexias ofensivas e defensivas, máis non se pode facer. Ao final gañouse. Non se tiña que sufrir tanto, pero o importante é o resultado. En todo caso, abofé que os correcalles a nós non nos conveñen. Faltou posesión. A verdade é que llo dixen a Moisés, que tocasen máis e conxelasen o partido, e que non tivesen tanta présa por subir o balón. Sen dúbida que nos atoparemos con outros equipos que xoguen ese balón longo, pero non todos os porteiros teñen o saque de Parada".

¡DÁDENOS OUTRA ALEGRÍA!

Ourense-Lalín / Domingo ás 17 horas en O Couto

13-9-08//

 Lalín chega a O Couto cunha carta de presentación interesante. Unha derrota a domicilio e un empate na casa ante o gran favorito Compostela 3-3, despois de iren gañando 3-0 os propios xogadores da Terra do Deza.

 Cea rompeu un dedo do pé; Guti ten problemas musculares no cuádriceps, e Toño non estará por sanción. Ademais Martín tampouco poOderá ir a O Couto por problemas persoais. O cadro pontevedrés está mermado polas baixas e iso será un auténtico hándicap.

José Manuel Acevedo, adestrador do Lalín dixo esta semana que "estamos un pelín castigados polas lesións. Unhas baixas que cobran maior transcendencia non só pola importancia dos nomes, senón porque son todos xogadores da zaga, co que nesa parcela chegaremos un pouco xustos a este partido. Son moitas baixas nunha liña importante. Esperemos que non haxa ningún problema de aquí ao domingo. O adestrador deberá coller xogadores de Liga galega para cubrir a convocatoria.

Outro aspecto importante é o cansazo, que pode ser a causa de que gañando 3-0, como se estaba dando na súa partida fronte ao Compostela do domingo pasado, rematase o encontro con empate a tres goles, "tres goles que nos marcaron en escasamente 10 minutos",  explica Acevedo.

E é que a Copa Federación non os está beneficiando nada. Comezaron a xogala o 24 de agosto, pero é que agora xoga entre semana e iso nótase.


Preguntado por como ve ao actual C.D. Ourense, apunta que é un equipo con historia, que ten fichado pouco pero cre que o fixo ben. "Teñen 13 ou 14 xogadores de moi bo nivel e despois conta con repostos quizais non tan importantes, pero aos que lles pode influír a historia do club".

A afección responderá tras a campaña de captación de socios que o clube está a facer na Rúa do Paseo e xa se teñen preto de 900 socios feitos. Romero non ten baixas de relevancia e podería repetir aliñación. Eso si, será básico anotar gol para gañar, e eficacia goleadora non sobra nos locais polo que se ten visto.

BALTAR E O BNG ACORDAN QUE O OURENSE VAIA PARA O CUMIAL

Concello e Deputación acordan situar o novo campo do Ourense nos terreo do Cumial, pero para elo cómpre desembolsar unha gran cantidade de cartos.

12-9-08//

Na xuntanza de onte xoves, o tenente de alcalde Sánchez Vidal ,do BNG, convenceu a Xosé Luís Baltar, Presidente da Deputación,  para que este cedese os terreo da Deputación en O Cumial para situar así o novo Campo de Fútbol de Ourense, trasladando aí  o que agora se ubica en O Couto. En apenas media hora, ambas as institucións referendaron o pacto alcanzado cun apertón de mans. Conseguiu O BNG por fin que Baltar esqueza a absurda idea de Seixalbo ou a posible emigración do municipio ata San Cibrao das Viñas, no Tecnolóxico. Pero dado o primeiro paso,  non vai ser fácil.
O tenente de alcalde e voceiro  do BNG no Concello da capital, Alex Sánchez Vidal, e o presidente da Deputación de Ourense, Xosé Luís Baltar, revisaron xuntos  o proxecto nacionalista dado en chamar  "Auria Verde". Xosé Luís Baltar e Enrique Nóvoa, en representación da Deputación; e Alexandre Sánchez Vidal e Andrés García Mata, en nome da Tenencia de Alcaldía, mostraron estar na mesma sintonía para sacar adiante un "proxecto de cidade",  que tiña como principal escollo atopar unha localización para o campo de fútbol do Couto -a instalación é propiedade da Xunta - e liberar o terreo necesario para levar a cabo o proxecto urbanístico  .
 

Segundo o portal OURENSEDIXITAL.COM, o principal problema son os 138.000 metros de terreo, 13,8 hectáreas, que ten un só propietario privado. Aínda por riba, puideron  constatar que, mentres os terreos da Deputación están nunhas franxas laterais, os dos particulares ocupan o centro do terreo. Sánchez Vidal saíu tan  convencido de que será preciso negociar cos propietarios particulares, como de que iso custará diñeiro ademais de tempo. Poida que máis do previsto inicialmente na partida consignada á xestión do chan, segundo OURENSE DIXITAL. O importante é que a cidade deportiva que expón o BNG ocupará unha superficie de 55.000 metros cadrados  e están todos no Concello de Ourense.

Para o novo estadio e unha serie de instalacións deportivas complementarias dedicadas á "base social", necesítanse 55.000 metros cadrados, segundo o tenente de alcalde do Concello de Ourense. O obxectivo é lograr esa cantidade de solo  pero no que Sánchez Vidal denominou "só concentrado". O que pasa por negociar cos propietarios particulares, independientemente das franxas laterales de chan que ten a Diputación e os 190.000 metros do Concello de Ourense.
Sánchez Vidal afirmou á terminación da reunión deste xoves que, de cara a xestionar o chan, "non hai prazos porque hai que negociar e expropiar, moito que xestionar".
 

JUAN PÉREZ:  " Terán que compensarnos por esto"

O Presidente foi entrevistado na Voz de Galicia nun día decisivo para o estadio futuro do Ourense.

El presidente del Ourense, Juan Pérez, durante la entrevista en las instalaciones de La Región.

LA VOZ DE GALICIA

-¿Que lle parece o acordo institucional para sacar o estadio do barrio do Couto?

-A miña opinión como presidente de Clube Deportivo Ourense é que estamos contentos co actual estadio. Parece ser que Concello e Deputación chegaron a un acordo, pero o certo é que ata o día de hoxe aínda non falaron directamente con nós, que tamén temos que dar a nosa opinión.

-¿Está molesto porque non teñan contado con vostedes?

-Está claro que a decisión debe ser dos políticos. Non me molesta, pero si me sorprende que tomen unha decisión sen contar cos actuais arrendatarios da instalación. Non queremos ir en contra dos proxectos de cidade, pero está claro que nós somos os primeiros implicados no tema e non temos ningunha noticia a nivel oficial.

-¿Sería unha medida prexudicial para o clube?

-En principio, si sería prexudicial. Máis que para o clube, para a masa social. Para a afección será un golpe moi duro irse do Couto. A nivel institucional, consideramos que se o campo se vai ao Cumial temos dereito a recibir unha serie de compensacións polo esforzo de irse ás aforas da cidade. Terán que compensarnos polos dereitos adquiridos dunha institución que ten 56 anos de historia.

-¿De que tipo de compensacións fala?

-O primeiro sería buscar un transporte para levar aos afeccionados. Tamén terían que mellorar os accesos e reforzar as instalacións da base.

-¿Que lle comenta o socio de toda a vida?

-A afección fala co corazón. Senten nostalxia de perder unha instalación con tanta historia

BALTAR: " HAI QUE TER DELICADEZA CON CLUBE DEPORTIVO OURENSE"

"Hai que ter delicadeza con Clube Deportivo Ourense, que xa ten bastante desgraza cos actuais avatares deportivos e financeiros. Cómprenos qe crearlle os menos problemas posibles. Sobre a futura localización do campo de fútbol no Cumial, ao sacar o campo de fútbol do barrio do Couto dá oumesmo que sexa Seixalbo, ou parque Tecnolóxico ou O Cumial, porque todas estas opcións quedan fóra dá cidade".

SÁNCHEZ VIDAL: " UN ACORDO ESPLÉNDIDO"

" Trátase dun acordo espléndido para a cidade, xa que estamos a falar dun emprazamento idóneo para a cidade deportiva. Temos un estudio de viabilidade da Consellería de Vivenda que lle entregaremos a Deputación. A colaboración entre todas as administracións será plena".

E NO COUTO, QUE?

O acordo entre Concello e Deputación é un paso máis dunha longa serie de encontros e desencontros que atrasaron unha intervención urbanística que se xestou en 1999 co goberno do PP. A actuación que expón o BNG inclúe 319 vivendas públicas, un gran parque -unha superficie tres veces superior ao Xardín do Posío-, seis mil metros cadrados de oficinas e dúas dotacións sociais. O proxecto estaba taxado en 53 millóns de euros.
 

PICARELLI, A PROBA, NON CONVENCE

12-9-08//

LA REGIÓN

Non parece que vaia ser o brasileiro Picarelli o reforzo desexado. Romero agarda un punta e que xa estea feito.

Era unha posibilidade -aínda o segue sendo, aínda que menos-, pero parece que o brasileiro Picarelli non vai ser o reforzo desexado. " É un rapaciño de 18 anos, aínda en formación e que, polo que vimos, xoga máis como segunda punta que como un punta nato; en todo caso, terémolo  a proba ata o sábado", sinala Romero.

O técnico do C.D. Ourense necesita como auga de maio un dianteiro centro xa feito e que poida colocar de inmediato sobre o campo co nove ás costas, e o novo Picarelli non parece cumprir coas características desexadas.

En principio, o club segue buscando ese matador do área que complemente o  seu plantel e mantén conversacións cun ou dous xogadores, que poida que fructifiquen ao longo das próximas semanas.


 

BALTAR QUERE O  EQUIPO FÓRA DE OURENSE 

 O Presidente da Deputación quere levar ao equipo a San Cibrao das Viñas se a opción Seixalbo se afasta.

10-9-08//

Xosé Luís Baltar, Presidente da Deputación de Ourense ten planeado mandar o Clube Deportivo Ourense fóra do seu municipio e mandalo a xogar a SAn Cibrao das Viñas, en concreto ao Parque Tecnolóxico de Galicia, a onde tamén irían as oficinas do clube.

O Estadio de o Couto ten os días contados. Despois das ameazas do PP con " Ourense cara o novo Milenio", proxecto fallido, e o inicio do proxecto nacionalista de " Auria Verde", Baltar vén de mover ficha rapidamente.

 


PROPOSTA INICIAL DO PP

A gran área deportiva, en Seixalbo

O "Ourense cara o novo milenio" era en 1999 o proxecto inversor máis ambicioso da historia da cidade, con dúas áreas de actuación ben definidas, aínda que incluía unha terceira, máis discreta, que se centraba en mellorasa do estadio da Pone  en O Vinteún.

En O Couto, desaparecido o campo de fútbol, construiríanse ata 350 vivendas protexidas, en torno a unha praza porticada e un espazo verde interior de 26.542 metros cadrados. Alí tamén iría o centro administrativo da Xunta, con máis de 3.500 metros cadrados de solar. En total, oaárea de actuación de O Couto roldaría os 45 mil metros cadrados. En Seixalbo a dispoñibilidade de terreos chegaría aos 258 mil metros cadrados, que incluían unha cidade deportiva e un estadio de 63.400 metros cadrados. E todo debería estar acabado no ano 2004.

PROPOSTA DO BNG

O Campo a O Cumial

A formulación presentada polo BNG destina o solar do estadio de O Couto tamén a vivenda protexida, aínda que o número, que roldaría entre 250 e 300, está sen ultimar. Destina ata 36.000 metros cadrados a espazos verdes e 12.000 máis a un centro socio-comunitario con centro de día, xuvenil, ludoteca, biblioteca municipal e escola infantil; e inclúe o centro de saúde de O Couto, polo que amplía a superficie de actuación a dúas áreas de reparto, a do estadio e outra anexa, que pertence en parte a propietarios particulares. O edificio administrativo ocuparía 2.000 metros e os espazos comerciais irían en 5.000, basicamente baixos dos edificios de vivendas, como proxectaba tamén o PP. A diferenza máis notoria é a súa proposta de trasladar o campo de fútbol a O Cumial.

PROPOSTA ACTUAL DE BALTAR

O Presidente da Deputación, Xosé Luís Baltar, recibirá mañá, xoves, o tenente de alcalde de Ourense, Alexandre Sánchez Vidal, para iniciar formalmente as negociacións coas que o segundo pretende conseguir a cesión da propiedade da institución provincial en O Cumial para trasladar o estadio de O Couto. Trátase de impulsar o proxecto Auria Verde, unha formulación similar, aínda que con matices, ao que xa intentou o PP.

Pero Baltar Pumar, escéptico ante a proposta de Sánchez Vidal pois xa a cualificou de mala,  prefire que o Concello recupere a idea de ubicar o estadio en Seixalbo, onde hai terreo e figura urbanística establecida, ou no Parque Tecnolóxico, onde a Xunta dispón xa dunha ampla área deportiva con terreo suficiente. Abofé que especialmente neste caso habería que contar co C.D. Ourense, que tería que marchar da cidade para unha instalación en San Cibrao.

Pero, sobre todo, o responsable provincial reclamará ao tenente de alcalde unha negociación sobre a base dun compromiso económico firme e a presenza de responsables autonómicos con capacidade de decisión, xa que a contía  estimada do Auria Verde escapa ás dispoñibilidades do Concello.


O DETALLE DE BALTAR:


A Deputación Provincial rexida por Xosé Luís Baltar  posúe 64.648 metros cadrados en O Cumial, adquiridos no ano 2002 ao Ministerio de Defensa por un importe de 233.125 euros (38,8 millóns de pesetas), segundo informa hoxe LA REGIÓN. Adquiriu boa parte do terreo que descartaron recuperar vellos reversionistas, expropiados no seu día para deixar sitio ao acuartelamento do Exército. Poucos foron os que optaron despois, cando este emprazamento perdeu o seu uso militar (en 1992), á recuperación das súas antigas propiedades, polo que a Deputación fíxose cargo dunha serie de leiras dispersas que aínda posúe e ás que non deu ningún uso desde a súa compra, para a que, por certo, tivo que pedir un préstamo, co que sufragou este gasto e outros que entón tiña a institución. Usar es terreo, onde pide o BNG, por certo, serviría para non deixar este clube do seu municipio, Ourense, peor Baltar non está polo labor. Di que Seixalbo ou San Cibrao das Viñas, e en Seixalbo xa sabemos todos que é imposible.

Os terreos do Cumial lindan co Concello de San Cibrao e algunhas parcelas están incluídas neste último municipio, polo que habería que negociar coa alcaldesa as modificacións urbanísticas necesarias, se a cesión dos terreos ao Concello de Ourense se levase  finalmente a cabo. A negociación que empezarán mañá presidente e tenente de alcalde tamén deberá ter o visto e prace do alcalde.

 

" HAI QUE LOITAR POR ASCENDER"

Seoane láiase da derrota do domingo e amosa  o seu espírito competitivo

09-09-08//

O obxectivo non cambia. " O noso obxectivo segue sendo entrar no play off de ascenso e  este Ourense merece confianza. Se eu fose adestrador dun equipo rival e vise ao Ourense en Negreira, por exemplo, estaría moi  preocupado." Con esa confianza e optimismo mostrouse en roda de prensa o capi Xabier Seoane. O agora lateral esquerdo orixinario de A Peroxa dixo tamén  que " no Couto somos o C.D. Ourense e calquera rival ten que vir aquí coas pernas treméndolle, precisamente porque somos o Ourense".

Respecto do partido deste domingo salientou que "  nós tivemos a presión pero quizais nos faltou precisión e loitar. Ata o minuto 30 non foron capaces de chegar á nosa área, o que demostra o noso dominio". "Salvo un contragolpe na primeira metade e o gol non crearon máis perigo", engadeiu.

Outro aspecto importante do que se queixou foi do árbitro: "Ese penalti sobre Breogán que non se asubiou e que puido cambiar as cousas...", laious.

Como conclusión final, dio crer que " os rivais vannos a poñer todas as trabas para evitar o noso xogo combinativo, pechándose atrás, non regando o campo, como o outro día... En todo caso, persoalmente, considero que estamos na boa liña, o patrón de xogo que estamos traballando considero que é o adecuado".


 

UN ERRO DE BERTO  E PRIMEIRA DERROTA

FOTOS:El Correo Gallego

O Ourense dominou un partido con poucas ocasións pero un infantil erro do porteiro Berto dálle a vitoria aos lcais a falta de 3 minutos

NEGREIRA 1-0 OURENSE

REDACCIÓN/ EL CORREO GALLEGO/FARO DE VIGO

08-09-08//

Se houbese un trofeo ao partido máis aburrido da xornada, tal distinción caería, sen dúbida, sobre a sorprendente vitoria do Negreira ante o Ourense. Frouxo choque entre dous conxuntos dos que se esperaba máis. Un Negreira medorento do que tiña enfronte, e un Ourense incapaz de ser tan eficaz como na primeira xornada fronte ao Arousa. O partido foi de menos a máis. O porteiro do Ourense carga ao final coa culpa da derrota ante o Negreira por un erro de cálculo no despexe dunha falta botada cando o partido de onte no García Calvo tiña os minutos contados. Quizais cegado polo sol, Berto nin expulsou da súa área nin capturou o balón botado desde o lateral por Raviña. Foi o seu único erro nun tarde na que o único incordio foron os balóns bombeados sobre a súa posición. Berto serviulle o balón a Nacho a un metro da liña de gol. Foi case todo o que fixo o Negreira na segunda parte na área do Ourense. Aproveitou o desliz alleo para inclinar un partido que ata ese fatídico lance viaxaba cara ao empate sen goles, porque os da casa metéronse atrás  e non atinaron  e os visitantes asumiron a iniciativa ata que se estrelaban na barreira da área.


 A primeira parte non tivo nada. Cando un di nada, é que non houbo nin tiros a porta, nin ataques, nin sequera xogo sucio, o único positivamente reseñable. Os visitantes adestrados por Romero quizabes puxeron algo máis de entusiasmo, pero dentro dunha apatía impropia de dous equipos que loitan por obxectivos diferentes. Reclamaron un posible penalti sobre Seoane por agarrón dentro da área que o colexiado non sinalou. Foi a polémica, diluída co tempo, desta primeira parte.



Algo cambiou na reanudación.O equipo volveu reclamar o control do xogo tralo paso polos vestiarios aínda que con nulos réditos. Arranques de individualismo e a zaga cada vez máis descuberta. Son os riscos dunha concepción de xogo que non contempla a especulación. O intento que máis se pareceu a unha ocasión foi unha incursión polo centro de Breogán que caeu derrubado no medio dunha acumulación de defensores sen que o árbitro estimase acción punible. O coruñés Brea Peón fuxiu de todas as decisións comprometidas.

O mellor dos locais foi un tiro de Nacho que foi ás nubes. O público xa quedou sorprendido porque houbese un disparo a porta. Os minutos pasaban e as bancadas do García Calvo íanse baleirando paulatinamente. A xente que quedou non esperaba que o mellor estaba por chegar. Os últimos vinte minutos foron máis movidos. O Ourense foi o que tomou a iniciativa e era o equipo que tiña todas as papeletas para levar algo do partido. Tivo dúas ocasións, as máis claras do partido, cun disparo a cargo de Arenas e un remate de cabeza de Martín. Dominou e foi ao ataque polas bandas.



Non esperaron os xogadores da Auria que o seu porteiro Berto ía cometer o erro do partido ao non poder atallar un balón sinxelo tras un centro fácil, que se lle escapou das mans, e que habilitou a Nacho, que pasaba por aí e a porta baleira, para marcar o gol da vitoria.

Ficha técnica:

NEGREIRA

 Xosé Ramón Naya, Suso, Casablanca, Lobo, Amoedo (min. 70), Juanjo, Colón (83’), Adrián , Orlando (60’) , Jano , Nacho, (70’) Raviña, (83’) Outeiral, (60’) Vidal.

OURENSE

Berto, Iosu, Portela, Adrián, Seoane, Sanginés, Moisés, Antonio Fernández, Breogán (81’), Martín (75’), José Arenas, (81’) Vilachá, (75’) Jaime.

GOLES: 1-0, min. 87: Nacho.

ÁRBITRO: Brea Peón (A Coruña). Mostrou tarxeta  a Orlando e Nacho, e aos visitantes, Iosu e Sanginés.

ESTADIO: García Calvo cuns 300 seareiros.

Os detalles:

- Romero repetiu o equipo que gañou o primeiro encontro co único recambio de Breogán polo lesionado Roberto Dacosta. Tampouco optou por unha versión máis defensiva malia que as dimensións do García Calvo complican a progresión por combinación á que sempre aspiran os de Ourense.

- Berto marchou do campo moi afectado polo seu erro. Practicamente no único balón que tivo en tod o partido errou.

- O Ourense reclamou ata dous penaltis. Un na primiera metade sobre Seoane e outro na segunda sobre Breogán Pereiro. Romero queixouse deso na roda de prensa ao igual que do estado da herba do campo.

Os protagonistas:

ROMERO: "Cando máis control tiñamos do xogo, porque na segunda parte non tiraron a portería, chega unha xogada desafortunada, unha man involuntaria no lateral, metérona arriba e Berto non andou fino e veu o gol. Tampouco nós, aínda que dominamos, non tiramos moito a portería. Hai que tirar, non se pode ter o balón por ter. Tivemos o 60 por cento da posesión, pero se non tiras a portería non facemos nada e iso foi o que nos pasou".
" Ás veces están situados e se estás situado é difícil finalizar porque o lateral ou o central téñenche fixado e así é difícil. Non acabamos de chegar, de feito non se tirou a portería. Si dominamos, si tivemos córners e eles tiraron un córner en todo o partido. Tivemos faltas, posesión, achegámosnos á portería, pero sen definición final. Viuse que fai falta un nove, alguén que nunha desas xogadas aproveite o rebote. Xa na primeira parte, un par de balóns quedaron na área sen ninguén que entre a finalizar. Hai que mellorar esas cousas porque non podemos chegar tanto arriba sen tirar. Houbo dominio ficticio e iso non pode existir no fútbol".
 "Creo que houbo un penalti claro. Agarrárono dúas veces e tirárono por detrás cando levaba a posesión do balón cara ao porteiro, pero sabemos que é difícil que che piten esas cousas, aínda que teñen que empezar a pitalas porque senón teñen moita vantaxe as defensas".
 "Non é fácil atacar contra un equipo así, pero estaban moi metidos e controlados. O problema é que che rouben as contras, pero non o estaban facendo porque de feito na segunda parte non tiraron nin unha vez a portería. Berto non colleu un balón ata o minuto 42 con esa xogada desafortunada. Daban por feito o empate porque a segunda parte foi moi nosa. Pero claro, faltou finalizar algunha acción, pegar de lonxe para que a defensa saíse a buscar. Queriamos entrar con eles. Cando unha defensa se mete tan atrás hai que buscar a xogada individual, buscar tiro, porque se a sacas fóra e centras atópaste con que non hai xente rematadora esperando".
" O balón non corría ben, non regaron e a herba estaba altísima para que non rodase. Son triquiñuelas do fútbol que nós tamén intentamos poñer da nosa parte cando xogamos en O Couto, pero a herba non pode estar á altura que estaba".

BEN COMEZADO!

O Ourense gaña por dos goles no debú en Terceira ante un Arousa que asustou por momentos

FOTO:La Región

OURENSE 2- 0 AROUSA

02-09-08//

O Ourense sentenza na segunda parte a un Arousa que se afundiu en canto se viu por baixo nomarcador. Os goles de Sanginés e José Arenas na segunda parte derrotaron  un Arousa que pouco se achegou ao portal de Berto. Malia iso, no primiero tempo, os visitantes tiveron minutos de bo  xogo e de algunha ocasión. Pero a vitoria foi incontestable . Boa forma de empezar, cun triunfo ao que non hai nada que dicir. Como bo picador de pedra, o Ourense foi madurando o partido. Dominouno de punta a cabo, pero empregou o primeiro tempo en desgastar ao contrario e o segundo en apuntalalo.


Nin un minuto pasara e o Ourense xa rematara a porta, en concreto un cabozazo alto de José Arenas, que monopolizou os disparos contra Moncho. Aos cinco apareceu o lateral Jesús para despexar o balón que Sanginés ía  remachar case baixo os paus. Pouco tivo que intervir Berto, seica para dicir aquí estou eu para deter un pelotazo de Hugo.

 Desactivado Padín, o xogo ofensivo do Arousa apenas existiu. Con todo, un zambombazo á saída dun saque de esquina deixou tremendo o larguero de Berto. E a Berto.

Para entón xa gañaba 2-0 o Ourense, que atopou o gol nada máis renovarse o partido, cando Sanginés recibiu de José Arenas e cruzou a pelota, que golpeou nun poste antes de entrar. Martín tivo o segundo a un palmo do gardameta Moncho, que tivo que estirarse a conciencia para sacar o disparo de Antonio. Mediado o segundo tempo chegou a sentenza nunha xogada intachable, iniciada por Moisés, continuada cun centro por Breogán, prolongada por Martín e rematada por José Arenas. 2-0 e todos a durmir tan contentos.

Ficha técnica:

OURENSE: Berto , Iosu, Seoane, Portela, Adrián, Antonio, Sanginés (Jaime Fernández, min 72), Roberto Dacosta (Breogán, min 62), Martín, Moisés, José Arenas.

AROUSA: Moncho, Jonathan (Juanito, min 67), Jesús, Miguel, Santos, Manu Rodríguez, Luis Alberto, Nelo, Fernando, Padín (Cristian, min 83), Hugo.

ÁRBITRO: Carlos Carballo Vázquez (Lugo). Tarxetasla a Adrián, Moisés e José Arenas polos locales. Expulsou con dobre cartón a Santos (min 92).

GOLES: 1-0, min 48: José Arenas; 2-0, min 69: José Arenas.

ESTADIO: O Couto. Uns 800 espectadores.

 

Os protagonistas:

ROMERO: " Foi o debÚ soñado. Tiñamos certa incerteza sobre o que había, sobre o que tiñamos, pero o equipo xoga ben ao fútbol, e o que é máis importante, ten marxe de mellora. Hai que ter en conta que só hai cinco xogadores que se coñecen de antes, a medida que vaian conXuntándose terán que ir mellorando, eles e o equipo. De medio campo para arriba hai varios xogadores que non compartiron equipo ata agora e que non coñecen as súas características, o que poden dar, fáltalles aínda esa inercia no pase ou nos apoios que caracteriza aos equipos onde todos se coñecen, por iso falo da importante marxe de mellora co que conta este grupo. Tanto Dacosta como Martín estiveron encima de Rubén e Padín, que se se escapaban deles e               atopábanse coa segunda liña de cobertura. Isto levou a Padín a xogar nunha posición máis atrasada, algo que non lle gusta, onde se desenvolve peor e sofre máis. Foi unha das claves, pero non a única. No cómputo xeral creo que se fixo un bo partido".

TARANILLA, O MELLOR DA TEMPADA 2007-2008

Os seareiros ourensanistas concedéronlle 83 votos, que supoñen un 24% dos votos totais.

01-09-08//

O xa ex -porteiro do Cd Ourense foi declarado mellor xogador do Ourense e leva a terceira edición do Trofe CdOurense.tk. Este trofeo, que  premiaba as votacións semanais dos afeccionados, déronlle gañador ao levar 83 de 341 votos e o 24 % total deles. O porteiro foi un seguro baixo paus malia o descenso do equipo.

Con 42 votos, e un 12 % dos totais, o canteirán David Ferreiro foi segundo, ao ser un dos revulsivos sempre que saíu desde o banquiño e un baluarte ao saír de titular. O podio completouno cun 10, 5% dos votos o lateral esquerdo Alejandro Oliveira, Oli, que fixo unha gran tempada e foi case que indiscutible. Con tan só 19 anos aguantou firme toda a tempada.  MArtín e Borja Yebra foron os seguintes na orde de votacións.

GRACIAS A TOMÉ!

ADEUS A SEGUNDA B

OURENSE 1-0 ALCORCÓN

Non puido ser. O Ourense cumpriu pero o Santa Bríxida remontou en San Isidro.

Se acabó la agonía, el CD Ourense está en Tercera división. (Foto: Daniel Atanes)

FOTO: La Región e La Voz

REDACCIÓN/ AXENCIAS/LA REGIÓN

A Sociedade Deportiva Vila Santa Bríxida logrou con moitísimo sufrimento a vitoria hoxe ante o xa descendido Raqui San Isidro, equipo que deu a cara e que a punto estivo tamén de mandar o seu adversario ao grupo canario de Terceira división, pero que deu o primeiro paso e agora terá que xogar a promoción para continuar na categoría.

 

Ficha técnica do partido de San Isidro:

Raqui San Isidro: Salillas, Domingo Yeray (Javi, min. 70), Ruiz, Jorge (Maison, min. 91), Bini (Edgar, min. 81), Sergio Molina, Careaga, Nenu, Alex Castro, Aday e Manu Mora.

Adestrador: Toño Dorta

 Vila Santa Bríxida: Javi Ortega, Orlando, Jonay, Alex (Carreño, min. 52), Jefrey, Amado (Cabrera, min. 46), Leroy, Checa (Toni Robaina, min. 38), Gustavo, Dudi e Rosmen.

Adestrador: Claudio Morera

Goles:1-0. Min. 10. Sergio Molina cabeceou un centro de Alex Castro. 1-1. Min. 47. Gustavo cabeceou un centro de Dudi. 1-2. Min. 85. Alex Castro en propia meta.

Árbitro: Iván González González, do Comité Balear. Cartón aos xogadores locais Ruiz, Aday e Careaga, a estes en dúas ocasións polo que foron expulsados nos minutos 69 e 90, respectivamente, e aos visitantes Gustavo, Jonay e Carreño.
 
CRÓNICA DO PARTIDO DE OURENSE:

Drama en OurenseFOTO: La Voz de Galicia

O CD Ourense non podía loitar contra o destino. Estaba escrito que os vermellos ían gañar, pero que tamén o Santa Bríxida. Non era necesaria tanta crueldade, no descanso o que vencía era o San Isidro. Chegou o lobo, cando xa era tarde para escapar. Os ourensáns descenden a Terceira.


Acabou a agonía eo CD Ourense está en Terceira división. O lobo apareceu cando xa era tarde para escapar. Tivo sempre as orellas grandes, pero sempre atoparon os vermellos un oco polo que esquivalo. Así o fixeron a tempada pasada, e a anterior. Uns rasguños pero nada máis. Esta vez non, esta vez o lobo comeunos.

Intereses aparte, e fe ao carón, o destino tiña escrito que tanto Ourense como Santa Bríxida ían gañar o último partido. Aos rivais nin lles ía nin lles viña, cartos en maletíns aparte. E esa posibilidade convertía ao Ourense en equipo de Terceira. E esa posibilidade deuse.

Os Romeu boys empezaron o partido definitivo en Terceira, conseguiron o gol da vitoria contra o Alcorcón aos seis minutos, cando Víctor Blanco mandou á súa propia porta un centro cara atrás de Álvaro, que fixo a xogada persoal desde o seu propio campo cunha velocidade endiañada e aos 11 atopáronse con que o San Isidro golpeaba primeiro. Seguían sendo de Segunda B.
 


Deberon ser os minutos que anteceden á morte. Din que o moribundo mellora notablemente horas antes. Un par de sustos dos madrileños pero a cabeza de todos estaba en Tenerife. Chegaba o descanso, 1-0 e 1-0. Perfecto. Alegría contida.

Aínda no descanso de O Couto chegou a igualada do Santa Bríxida. O Ourense seguía sendo de Segunda B pero estaba pisando un andamio que non paraba de moverse. Ata que escorregou e caeu, 1-2 no campo do San Isidro. Nada que facer. De todos xeitos, garcias ao Alcorcón, que non fixo nada por se levar o partido e amosáronse moi apáticos.
 

Ficha técnica:

OURENSE: Taranilla; Iosu, Aloisio, Portela, Rives, Álvaro, Lozano ( Juan Estévez no minuto 58), Yebra, Jaime Moreno( David minuto 76), Xaime, Anxo ( Martín no 86).

ALCORCÓN: Raúl, Tito ( Martín no 52), Barra, Pablo ( Nevado no 38), Rodiel, Víctor Blanco, Íñigo, Alcalá, Carlos Pérez, Carreño, Gonzalo Rico ( Sebas no 53).

GOL: Minuto 6. Víctor en propia porta

ÁRBITRO: Cayetano ( castelán leonés). Amarelas a Lozano Yebra; Víctor e Rico.

ESTADIO: O Couto. Rozando os 2000 espectadores.

Os detalles:

- Na bancada de preferencia exhibiuse unha pancarta que rezaba : " Tomé gracias por nos afundir. Barril corrupto". Foi retirada polo aire.

- Xogadores como Yebra e Aloisio mostraron as súas bágoas ao saír de vestiarios. O máis afectado foi Juan Estévez que precisou de consolación da afección ao saír. A pesar da mala noticia do descenso, a afección do Ourense animou os seus xogadores cando saíromeron d vestiario. Algúns como Jaime Moreno, despedíronse ata sempre dos seareiros. O salmantino ten asinado co Xerez.

FOTO: La Voz

- Con Romero, 7 puntos de 9 posibles. Tomé tiña que ter marchado moito antes.

- Choveu durante gran parte do partido. Nos exteriores do campo había moitas atraccións co gallo das Festas do Couto.

- O alcalde de Ourense estivo presente no campo.

- O Ourense volve 23 anos despois a Terceira División. Hai rumores que indican que a supervivencia do equipo é case imposible.

- Raúl Rois estivo coa radio informando de forma constante ao banquiño.

 


 

 

Principal | TERCEIRA DIVISIÓN-GRUPO 1 | COB | DATOS CD OURENSE | Fútbol ourensán | OPINIÓN

Este sitio actualizouse por úlitma vez o 07 de xaneiro de 2009